Duarte Lobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Duarte Lobo
Duarte Lobo (1).jpg
Alcume Eduardus Lupus
Nacemento 1565
  Reino de Portugal
Falecemento 24 de setembro de 1646
  Reino de Portugal
Nacionalidade Portugal
Ocupación compositor
editar datos en Wikidata ]

Duarte Lobo, nome latinizado como Eduardus Lupus, nado contra o ano 1565 e finado o 24 de setembro de 1646, foi un compositor portugués da época do Renacemento tardío e Barroco inicial. Foi o máis famoso compositor portugués da súa época. En conxunto con Filipe de Magalhães, Manuel Cardoso, e o Rei D. João IV é considerado un dos músicos da "época dourada" da polifonía portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sábese pouco da súa vida. Naceu en Alcáçovas ou en Lisboa, e sábese que foi alumno de Manuel Mendes en Évora. O seu primeiro traballo foi o de mestre de capela da catedral de Évora; en 1594 era mestre de capela en Lisboa. Ensinou música no Colégio do Claustro da Sé en Lisboa, onde permaneceu polo menos ata 1639. Máis tarde dirixiu na capital a capela do Seminario de São Bartolomeu. Asinaba as súas obras como Eduardus Lupus.

Aínda que cronoloxicamente a súa vida se sobrepoña á época do Barroco, escribiu, tal como Manuel Cardoso, música esencialmente ao estilo e técnica contrapontística da Renacemento, como a da polifonía de Palestrina, tal como se podería esperar por ter vivido nunha zona illada das innovacións musicais de Italia e Alemaña. Publicou seis libros de música sacra, incluíndo misas, responsorios, antífonas, magnificats e motetes.

A súa música é altamente atractiva, con forza expresiva, tirando partido das características rítmicas e harmónicas do texto latino, en conformidade coas disposicións do Concilio de Trento.

Encóntranse dispersos por diversas cidades (Coimbra, Évora, Vila Viçosa, Valladolid, Sevilla, Munic, Londres e Viena) os exemplares de practicamente todo o que da súa obra se editou en Antuerpen (Plantin, 1602-1639) e en Lisboa (Craesbeck, 1607).

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • 1603 -Officium Defunctorum.
  • 1605 -Cantica Beatae Virginis (16 Magnificat a catro voces).
  • 1621 -Liber Missarum I.
  • 1639 -Liber Missarum II.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Duarte_Lobo&oldid=4832452"