Eóganan mac Óengusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eóganan mac Óengusa
Falecemento839
Ocupaciónmonarca
PaiÓengus II
editar datos en Wikidata ]

Uuen (Wen) ou Eogán en gaélico (xeralmente referido co hipocorístico Eóganán) foi un rei dos pictos dende 837 até 839. Uuen era fillo de Onuist II [fillo de] Uurguist [Wrguist] (en gaélico: Óengus II mac Fergusa, morto en 834) e sucedeu ó seu curmán Drest mac Caustantín como rei en 836 ou 837. A única mención a Uuen nos anais irlandeses é a da súa morte, xunto co seu irmán Bran e "Áed mac Boanta, e outros case innumerables" na batalla dos homes de Fortriu contra os viquingos en 839.[1] Esta derrota semella que supuxo a fin dun século de dominio entre os pictos dos descendetes de Onuist I [fillo de] Wrguist (en gaélico: Óengus I mac Fergusa).[2]


Predecesor:
Drest IX
 Rei dos pictos 
837 - 839
Sucesor:
Uurad

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mencionado nos anais de Ulster, s.a. 839.
  2. Broun, "Pictish Kings", p. 75.; Clancy, "Caustantín"; Smyth, pp. 180–181.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anderson, Alan Orr (1990). Early Sources of Scottish History AD 500 to 1286 1. Reeditado con correccións por Marjorie O. Anderson. Stamford: Paul Watkins. ISBN 1-871615-03-8. 
  • Anderson, Alan Orr (1908). Scottish Annals from English Chroniclers A.D. 500–1286. Londres: D. Nutt. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eóganan_mac_Óengusa&oldid=4766982"