E. L. Doctorow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
E. L. Doctorow
E l doctorow 2751.JPG
Nacemento 6 de xaneiro de 1931
  Nova York
Falecemento 21 de xullo de 2015
  Manhattan
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia xudeus estadounidenses e Pobo xudeu
Relixión Xudaísmo
Alma máter Kenyon College, The Bronx High School of Science e Universidade de Columbia
Ocupación novelista, escritor, guionista, catedrático de universidade, dramaturgo, ensaísta, profesor, autor e faculty member
Coñecido/a por The Book of Daniel, Ragtime, Billy Bathgate, The March e Homer & Langley
Premios Bolsa Guggenheim, Medalha Nacional de Humanidades, National Book Award for Fiction, Prémio PEN/Faulkner de Ficção, Helmerich Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, Prémio PEN/Faulkner de Ficção e St. Louis Literary Award
editar datos en Wikidata ]

Edgar Lawrence Doctorow, nado en Nova York o 6 de xaneiro de 1931 e finado en Manhattan o 21 de xullo de 2015, foi un novelista estadounidense, un dos máis recoñecidos no xénero da novela histórica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doctorow criouse no Bronx, Nova York. Fillo de xudeus rusos de segunda xeración, no instituto salientou en artes. Doctorow foi un lector voraz e continuou a súa educación no Kenyon College onde estudou con John Crowe Ransom. Despois de se graduar en 1952, continuou na Universidade de Columbia antes de se incorporar ao exército con destino en Alemaña. Comezou a traballar como lector en Columbia Pictures, deixándoo para se converter en editor da New American Library (1959-1964) e traballou como editor xefe de Dial Press desde 1964 ata 1969. Deu clases en varias universidades norteamericanas, a Universidade de California, Yale, Princeton e na Universidade de Nova York

A pesar de escribir libros durante anos, non foi ata a publicación de The Book of Daniel en 1971 que conseguiu recoñecemento. O seu seguinte libro, Ragtime, foi un éxito comercial e de crítica.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Welcome to Hard Times (1960)
  • Big As Life (1966)
  • The Songs of Billy Bathgate (1968)
  • The Book of Daniel (1971). Nomeada para o National Book Award, noveliza a historia de Julius e Ethel Rosenberg, executados en 1953 por pasaren secretos nucleares á Unión Soviética.
  • Ragtime (1975). Despois de recibir o National Book Critics Circle Award de ficción e o Arts and Letters Award, fíxose un filme en 1981 e un musical en 1998.
  • Drinks Before Dinner (1979; teatro)
  • Loon Lake (1980)
  • American Anthem (1982)
  • Lives of the Poets: Six Stories and a Novella (1984)
  • World's Fair (1985). Recibiu o National Book Award 1986.
  • Billy Bathgate (1989). Finalista para o Pulitzer gañou o PEN/Faulkner Award. Fíxose un filme en 1991, que Doctorow considerou un desgusto. [1]
  • The Waterworks (1994)
  • City of God (2000)
  • Reporting the Universe (2003; non ficción)
  • Sweet Land Stories (2004)
  • The March (2005). Noveliza a campaña do xeneral Sherman no sur. Premio do National Book Critics' Circle Award de ficción e o PEN/Faulkner award. Finalista tamén do Premio Pulitzer e nomeada para o National Book Award.
  • Creationists: Selected Essays 1993-2006 (2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arana-Ward, Marie. (17 de abril, 1994). "E. L. Doctorow". The Washington Post, p. X6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=E._L._Doctorow&oldid=4621061"