Eadberht de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Eadberht de Northumbria
Eadberth sceat 737 75001441.jpg
Nacemento valor descoñecido
Falecemento 20 de agosto de 768
  Catedral de Iorque
Soterrado Catedral de Iorque
Etnia Anglos
Ocupación monarca
Fillos Oswulf de Northumbria
editar datos en Wikidata ]

Eadberht, finado o 20 de agosto de 768, foi rei de Northumbria de 737 ou 738 a 758.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi irmán de Ecgbert, arcebispo de York. O seu reinado é visto como un retorno ás ambicións imperiais de Northumbria e puido representar un período de prosperidade económica. Afrontou oposición interna de dinastías rivais e polo menos dous rivais reais ou potenciais foron asasinados durante o seu reinado. En 758 abdicou a favor do seu fillo Oswulf e entrou como monxe en York.

Orixes[editar | editar a fonte]

Eadberht converteuse en gobernante de Northumbria tras a segunda abdicación do seu primo Ceolwulf, que entrou no mosteiro en Lindisfarne. A diferenza da súa primeira abdicación de Ceolwulf, na que interveu a forza, esta segunda, a favor de Eadberht, pode que fose voluntaria[1].

Sceatta de prata de Eadberht

Eadberht fillo de Eata era descendente de Ida de Bernicia a través dos seus fillos, Ocga (Crónica anglosaxoa e Anglian colection) ou Eadric (Historia Brittonum). A rama familiar á que pertenceu Eadberht recibía o nome de Leodwaldingas, polo seu avó, e avó de Ceolwulf, Leodwald fillo de Ecgwulf. A xenealoxía dá ao pai de Eadberht, Eata, o cognomen de Glin Mawr[2].

Northumbria[editar | editar a fonte]

Eadberht parece que tivo que afrontar a oposición de familias rivais ao longo do seu reinado. Eardwine, probabelmente fillo de Eadwulf, e avó do rei futuro rei Eardwulf, foi asasinado en 740[3]. En 750 Offa, fillo de Aldfrith foi sacado do santuario de Lindisfarne e asasinado tras un asedio, mentres que o bispo Cynewulf de Lindisfarne, que presumibelmente apoiara a Offa, foi destronado e detido en York[4]. A importancia de fundacións relixiosas nas loitas políticas e familiares en Northumbria é aparente. A familia de Eardwine está asociada con Ripon, Offa e Ceolwulf con Lindisfarne, e Hexham parece apoiar reis e nobres enfrontados con Lindisfarne[5]. Eadberht, aínda así, como irmán do arcebispo de York, gozou do apoio do máis grande prelado de Northumbria.[6]

O reinado de Eadberht viu grandes reformas no tema da cuñación, e algunhas moedas mencionan ao rei Eadberht e ao arcebispo Ecgberht. Kirby conclúe que "as indicacións son que Eadberht traía prosperidade nova ao seu reino"[7]. Unha carta enviada polo papa Paulo I a Eadberht e Ecgberht, ordenándolles devolver as terras tomadas ao abade Fothred, e entregada ao seu irmán Moll, presumibelmente o futuro rei Æthelwald Moll, suxire que Eadberht tentou recuperar algúns dos vastos territorios doados á igrexa en reinados precedentes[8].

Veciños[editar | editar a fonte]

Kirby suxire que "ocurrira evidentemente un resurximento das ambicións norteñas do século sétimo entre os northumbrianos na corte de Eadberht".

O primeiro rexistro dos esforzos de Eadberht para recrear este dominio aparecr en 740, o ano da morte de Earnwine. Infórmase dunha guerra entre pictos e Northumbria, durante a que Æthelbald de Mercia, aproveitou a ausencia de Eadberht para saquear as súas terras. A razón para esta guerra é incerta, pero Woolf suxire que estea relacionada co asasinato de Earnwine. O pai de Earnwine estivera exiliado no norte tras a súa derrota na guerra civil de 705–706, e poida ser que o rei picto Óengus, ou Æthelbald, ou ambos, tentasen situalo no trono de Northumbria[9].

En 750, Eadberht conquistou a chaira de Kyle e en 756, atacou xunto ao rei Óengus aos britanos de Alt Clut:

No ano da encarnación do Señor 756, o rei Eadberht no décimo oitavo ano do seu reinado, e Unust, rei dos pictos dirixiron os seus exércitos á cidade de Dumbarton. E por iso os britanos aceptaron termos alí, no primeiro día do mes de agosto. Pero no décimo día do mesmo mes pereceu case o exército enteiro que dirixa de Ouania a Niwanbirig[10].

Aquel Ouania é moi probabelmente a actual Govan, pero a localización de Newanbirig non está tan clara[11]. A pesar de que hai moitos Newburghs, o máis probábel é que se trate de Newburgh-upon-Tyne, preto de Hexham. Unha interpretación alternativa dos acontecementos de 756 identifica Newanbirig con Newborough preto de Lichfield no reino de Mercia. Unha derrota aquí para Eadberht e Óengus polos mercianos de Æthelbald correspondería coas lendas da fundación de Santo André de que un rei chamado Óengus fillo de Fergus fundou a igrexa alí como acción de grazas a Santo André por salvalo despois dunha derrota en Mercia[12].

Abdicación[editar | editar a fonte]

Eadberht abdicou en 758, entrando ao mosteiro dependente da catedral de York. A súa morte alí en 768 consta na crónica de Simeón de Durham. A súa Historia da Igrexa de Durham rexistra que Eadberht foi enterrado no soportal da catedral, xunto ao seu irmán Ecgberht, que morrera en 766.

O seu fillo Oswulf sucedeuno, pero foi asasinado antes dun ano[13]. Aínda así, o marido da súa filla Osgifu, Alhred converteuse en rei, e os descendentes de Eadberht, como Ælfwald, fillo de Oswulf e Osred, fillo de Osgifu, disputaron o trono de Northumbria até finais do século. O último descendente coñecido de Eadberht é o fillo de Osgifu, San Alhmund, asasinado en 800 por orde de Eardwulf, e reputado como mártir[14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kirby, p. 149; Yorke, Kings, p. 88.
  2. HB, c. 61.
  3. Kirby, pp. 150 & 154; Yorke, Kings, p. 89.
  4. Higham, pp. 148–149; Kirby, p. 150; York, Kings, p. 89.
  5. Higham, p. 149; Yorke, Conversion, pp. 242–243.
  6. Campbell, p. 103.
  7. Kirby, p. 150.
  8. Yorke, Kings, p. 91.
  9. Woolf, p. 37.
  10. After Forsyth, p. 29.
  11. Forsyth, pp. 29–30; Woolf, p. 39.
  12. Woolf, pp. 39–40.
  13. Un posible segundo hijo, Oswine, mirió en batalla el 6 de agosto de 761 en rebelión contra Æthelwald Moll; Marsden, pp. 232–233.
  14. Kirby, p. 151; Yorke, Kings, p. 90, table 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campbell, James, The Anglo-Saxon State. London: Hambeldon, 2000. ISBN 1-85285-176-7
  • Forsyth, Katherine. "Evidence of a lost Pictish source in the Historia Regum Anglorum" in Simon Taylor (ed.) Kings, clerics and chronicles in Scotland, 500–1297: essays in honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the occasion of her ninetieth birthday. Dublin: Four Courts Press, 2000. ISBN 1-85182-516-9
  • Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
  • Kirby, D.P., The Earliest English Kings. London: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3
  • Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. London: Cathie, 1992. ISBN 1-85626-055-0
  • (HB) Morris, John (ed. & tr.), Nennius: British History and The Welsh Annals. London: Phillimore, 1980. ISBN 0-85033-297-4
  • Woolf, Alex, "Onuist son of Uurguist : tyrannus carnifex or a David for the Picts ?" in David Hill & Margaret Worthington (eds.) Aethelbald and Offa : two eighth-century kings of Mercia (British Archaeological Reports, British series, no. 383). Oxford: Archaeopress, 2005. ISBN 1-84171-687-1
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. London: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8
  • Yorke, Barbara. The Conversion of Britain: Religion, Politics and Society in Britain c. 600–800. London: Longman, 2006. ISBN 0-582-77292-3
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eadberht_de_Northumbria&oldid=4642391"