Eco de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eco de Galicia foi un semanario ilustrado bilingüe publicado na Habana entre 1917 e xuño de 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tivo os subtítulos de Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba ou de Revista gráfica y de información regional e, de xeito circunstancial, os de Revista Ilustrada, Revista ilustrada y de información ou Revista ilustrada y de información regional. Fundado por Manuel Fernández Doallo, na dirección figuraron Manuel Gondell Linares, o propio Manuel Fernández Doallo e Mercedes Vieito Bouza; os directores literarios foron Faustino López Méndez e Hilario Ramón Alonso. Joaquín Otero Pérez foi xefe de redacción (1919-1920). Entre os seus colaboradores figuraban Mercedes Vieito, Xosé Lesta Meis, Roberto Blanco Torres, Victoriano Taibo, Filgueira Valverde, Otero Espasandín, Xavier Bóveda, Andrés Muruais, Ramón Armada Teixeiro, Abdón Rodríguez Santos e Xesús Golmar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eco_de_Galicia&oldid=4893841"