Edelmira Cacheda Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edelmira Cacheda Otero
Nacemento14 de xuño de 1912
 Buenos Aires
Falecementoabril de 2011
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e escritora
editar datos en Wikidata ]

Edelmira Cacheda Otero, nada en Buenos Aires o 14 de xuño de 1912[1] e finada na Coruña en abril de 2011[2], foi unha mestra e escritora galega

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa de pequena regresou cos seus pais a Galicia. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela[3], e empezou a dar clase en 1934. Foi profesora no CEIP Raíña Fabiola, dirixido polo seu marido Alejo Candocia. Xunto a el creou a Agrupación Folklórica Infantil Caraveliños, dirixido por ela. O seu libro Contos que van pra feira (1961) está considerada a primeira obra dramática escrita en galego por unha muller[4].

En 2002 recibiu unha homenaxe do Concello de Santiago de Compostela[5]. Foi soterrada en Landoi (Cariño). Tivo catro fillos .

Obra[editar | editar a fonte]

  • Contos que van pra feira. Tres sainetes (autoedición, 1961; 1973)
  • Contos de nenos. Leuturas, poesías, escea de Nadal (Everest, 1975)
  • Churruscadas. Contos e teatro (autoedición, 1979)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV.AA. (1935): Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales. Altas de 1934. Madrid, Ministerio de Educación Pública y Bellas Artes, páx. 17.
  2. "Pesar por el fallecimiento de Edelmira Cacheda", artigo en El Correo Gallego, 14 de abril de 2011 (en castelán).
  3. Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 67. ISBN 978-84-7492-465-7. 
  4. Blanco, C. (1994): Libros de mulleres (para unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863 ~ 1992). Vigo: Edicións do Cumio.
  5. "Raxoi organiza un homenaje a la maestra Edelmira Cacheda por su apoyo a la lengua gallega", artigo en La Voz de Galicia, 28 de outubro de 2002 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edelmira_Cacheda_Otero&oldid=5029309"