Edificio El Moderno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Edificio El Moderno
Edificio Moderno Vigo 01.jpg
Vista xeral da fachada desde a Porta do Sol de Vigo
Edificio
Nome inicial Hotel El Moderno, Hotel Continental, Gran Hotel
Estilo Ecléctico de influencia francesa
Localización Rúa Policarpo Sanz coa rúa Carral, preto da Porta do Sol (Vigo, Galiza)
Coordenadas Coordenadas: 42°14′17″N 08°43′29″O / 42.23806, -8.72472
Uso(s) Vivenda e sede social do Banco de Galicia
Construción
Inicio 1897
Remate 1902
Dimensións
Plantas 7 (semisotos, planta baixa, entresollado, tres andares, e un ático baixo cuberta)
Equipo
Arquitecto(s) Michel Pacewicz
Promotor Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira

O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa construción promoveuna Manuel Bárcena Franco, Conde de Torrecedeira, co obxectivo de facer un edificio para vivendas de renda. O arquitecto ao que se encomendou o encargo foi o francés de orixe polaca Michel Pacewicz, que iniciou as obras en 1897 e rematounas en 1902. O edificio recibe o nome de "El Moderno" por un famoso hotel que estivo alí instalado,[1] e que recibía ese nome, creado en 1906 por Jesús Fernández Otero, primeiro tenente alcalde de Vigo, e empresario que tamén explotaría o Hotel Continental. Foi renovado en 1953 polo produtor de cinema Cesáreo González, que lle deu o nome de Gran Hotel.

Construción e estilo[editar | editar a fonte]

Trátase dunha obra onde a influencia francesa é máis que evidente. O edificio consta de semisoto, planta baixa, entreplanta, tres plantas, e un ático baixo cuberta con óculos. Unha modificación en 1977, moi pouco respectuosa co edificio orixinal, modificou o interior por completo, a cuberta para sumar dous andares, e eliminou a cúpula de escamas cromáticas que coroa a rotonda do esquinal.[1]

A fachada a Policarpo Sanz é simétrica e ofrece unha composición de diferentes formas arquitectónicas,[2] distribuídas segundo as plantas, mesturando vans de diferentes alturas e anchuras, illados ou englobados entre grandes columnatas corintias, con frontóns neobarrocos partidos con volutas; tamén combina balcóns corridos e individuais, con petrís pétreos ou forxados, amofadillado con alternancia de perpiaños e dovelas resaltados mediante esgrafiado, arcos escarzanos, semicirculares, elípticos, e linteis fortemente decorados. Inspirado nun barroco rococó francés, pero con forte presenza modernistas nos ventanais e arcos rebaixados, así como a cúpula e os balcóns con pedra novelda. Destaca a perfección do traballo de cantaría, outra mostra máis do nivel de calidade alcanzado pola profesión en Vigo neses anos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257.
  2. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257-258.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edificio_El_Moderno&oldid=4558342"