Edmond Halley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Edmund Halley")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edmond Halley
Edmund Halley.gif
Datos persoais
Nacemento8 de novembro de 1656
LugarFlag of England.svgLondres, Inglaterra
Falecemento14 de xaneiro de 1742 (85 anos)
LugarFlag of Great Britain (1707–1800).svgGreenwich, Gran Bretaña
SoterradoSt Margaret's, Lee
NacionalidadeInglés (despois británico)
EtniaPobo inglés
CónxuxeMary Tooke
FillosDr. Edmond Halley
Margaret
Richelle
Actividade
CampoAstronomía, Xeofísica, Matemáticas, Meteoroloxía, Física e Cartografía
Alma máterUniversidade de Oxford
InstituciónsUniversidade de Oxford
Astrónomo Real
Contribucións e premios
Coñecido porCometa Halley
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña (Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra. Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa (1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edmond_Halley&oldid=4574483"