Eduardo Seijas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Seijas
Nacemento23 de marzo de 1907
 Chantada
Falecemento22 de decembro de 1978
 Palas de Rei
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico e historiador
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Seijas Vázquez, nado en Chantada o 23 de marzo de 1907 e finado en Palas de Rei o 22 de decembro de 1978, foi un farmacéutico, historiador e xenealoxista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a súa profesión en Monforte de Lemos (1930-1942) e Palas de Rei (1942-1978). Desde 1940 foi inspector farmacéutico e membro do Colexio de Farmacéuticos. Organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Guipúscoa, Cidade Real e Xaén. Deixou inédita a obra Pequeña historia de un gran café.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Contribución al catálogo de la flora de Lugo (comarca de Palas de Rey y Guntín), 1952.
  • Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Amando Losada, 1966.
  • Clave heráldica gallega.
  • Clave de heráldica jacobea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eduardo_Seijas&oldid=5199579"