Eduardo de Torres Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eduardo de Torres Taboada
Eduardo Torres Taboada.JPG
Nacemento 20 de xaneiro de 1851
  Santiago de Compostela
Falecemento 8 de xaneiro de 1921
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Eduardo de Torres Taboada, nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1851 e finado na Coruña o 8 de xaneiro de 1921[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi deputado provincial. Foi elixido deputado polo distrito de Muros nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1899 foi elixido polo distrito da Coruña, polo que volveu ser elixido en 1901, 1903, 1905 e 1907. Foi senador pola provincia da Coruña en 1910, 1911, 1914 e 1915. En 1902 fundou e dirixiu o periódico Diario de La Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Asunción Sanjurjo Flórez, condesa de Torre Penela, filla de Pedro Sanjurjo Pérez. Foi pai de Amalia Torres Sanjurjo, que casou en 1916 con Pedro Barrié de la Maza[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Orzán, 9-1-1921, p. 1.
  2. El Noroeste, 3-8-1916, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eduardo_de_Torres_Taboada&oldid=4763061"