El Derecho (Ourense)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Derecho foi un periódico editado en Ourense entre 1890 e 1898.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario democrático, apareceu o 2 de abril de 1890. Foi unha publicación bilingüe de periodicidade trisemanal nos seus comezos, e a partir de agosto de 1892 pasou a ser diaria. Estaba dirixido por Vicente Nondedeu Pardo e formaron parte do consello de redacción Benito Serantes Echegaray e Alejandro Rodríguez. Entre os seus colaboradores figuraron Francisco Álvarez de Nóvoa, Luciano Cid Hermida, Juan Manuel Paz Novoa, Heraclio Pérez Placer e Emilio Castelar. De tendencia progresista e de carácter republicano-federal, próxima a Unión Republicana. Incluía poesía e prosa. Difundiuse por toda Galicia, Cuba, Puerto Rico e Filipinas. Cesou a súa publicación en 1898.

O 25 de febreiro de 1893 dedicou un número especial a Concepción Arenal coordinada por Alberto García Ferreiro, no que participaron José Rodríguez Carracido, Salvador Cabeza de León, Alfredo Brañas, Andrés Martínez Salazar, Joaquín Díaz de Rábago, Juan Barcia Caballero, Eugenio Montero Ríos, Eladio Rodríguez, Aurelio Ribalta, Marcelo Macías e Enrique Mayer como gravador. Entre o 18 de abril e o 23 de maio de 1894 editou como folletín o libro Beira o Barbaña. Paisaxes, de Francisco Álvarez de Nóvoa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=El_Derecho_(Ourense)&oldid=4571291"