El Momento (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Momento foi un xornal editado na Coruña en 1930.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario independente e Diario de la noche, apareceu o 16 de febreiro de 1930. Fundado por Ánxel Casal, tirábase na Editorial Nós. De tendencia progresista e galeguista, incluíu información local da Coruña e Santiago de Compostela e artigos sobre educación e política. Moitos dos seus contidos foron censurados. Contou con colaboracións humorísticas de Álvaro Cebreiro, con ilustracións de Cousas de Castelao e textos de Vicente Risco, Aquilino Iglesia Alvariño, Antón Vilar Ponte, Víctor Casas, Urbano Losada e Celso Romero Peláez. Deixou de editarse o 13 de marzo de 1930.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=El_Momento_(A_Coruña)&oldid=4973438"