Elam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: Asur – Nínive
Nuzi – Nimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
Gilgamesh – Marduk
Figuriña elamita

O antigo Imperio Elamita, تمدن عیلام en fārsi, situábase ao leste de Sumeria e Acad, no actual suroeste de Irán. Os elamitas chamábanlle ao seu país Haltamti[1] (en elamita tardío, Atamti), do cal os seus veciños acadios adaptaron como Elam. O alto Elam foi posteriormente cada vez máis identificado pola súa capital, Susa, e xeógrafos posteriores a Tolomeo chamaron a todo ese territorio Susiana. O nome de Elam en persa antigo era Hujiyā, o cal sobrevive no nome da provincia Khuzestān Bakhtiari Lurs. Khuzestān xunto con Fārs conteñen os restos do antigo Elam.

A lingua elamita non está relacionada cos grupos lingüísticos veciños: semita, sumerio e iraniano. Algúns expertos cren que a lingua está relacionada coas actuais linguas dravídicas do sur da India (ver linguas elamo-drávidas).

Historia[editar | editar a fonte]

A historia elamita convencionalmente dividiuse en tres períodos. Non obstante, debe considerarse que os restos e artefactos das primeiras etapas continúan a ser descubertos no centro e sueste de Irán. Algúns expertos refírense a este período como Proto-Elamita.

  • Período Elamita Antigo empeza cos reis elamitas testemuñados con maior antigüidade, aproximadamente -2700. Elam, designado por escribas sumerios simplemente como NIM "Terras montañosas", non fora unificado etnicamente ou culturalmente con anterioridade. Elam caeu baixo o control político de Acad no século –XXII por acción de Sargón de Acad, o cal mantivo as institucións locais. A dinastía Awan reafirmou a independencia de Elam. Shulgi de Ur (-2049 – -2047) conquistou Elam por un tempo. A mediados do século –XIX, o poder en Elam pasou á dinastía Epártida. Hammurabi de Babilonia atacou Elam no século –XVIII. O rei Kutir-Nahhunte I de Elam contraatacou e causou unha sería derrota ao fillo de Hammurabi.
  • Período Elamita Medio empeza sobre o -1350, despois dun período de 200 anos do que se sabe pouco. Sobre -1160, baixo Shutruk-Nahhunte, Elam derrota aos casitas e establece o primeiro Imperio elamita, que durou pouco, o rei Nabucodonosor I de Babilonia conquistou Elam polo -1120, levando o imperio ao seu fin.
  • Sobre o -750 Elam reafirmou a súa independencia, causando o renacemento cultural do Período Neo-Elamita. Elam foi conquistada polos Asirios no -645, conquista que provoca o fin de Elam como estado independente. Os medos conquistaron Elam aos asirios, e a dinastía Aqueménida, outra dinastía iraniana que gobernou a anterior terra elamita de Anshan, tomou Susa e conquistou o Imperio Medo, para establecer o primeiro Imperio Persa.

As historias tradicionais acabaron a historia elamita co seu sometemento aos Aqueménidas, pero as referencias gregas e latinas a "Elimeos" testemuñan unha supervivencia cultural, segundo Daniel Potts (ver refs.). Adicionalmente, o viaxeiro árabe do século X Istakhrī comentaba que a xente de Khuzestān falaba tres linguas, árabe, Fārsi e algo que eles chamaban Khuzī". Non está claro se esta lingua descendía do elamita ou simplemente era un dialecto local persa. A lingua elamita aínda non se deu relacionado con ningunha outra coñecida.

A lingua elamita foi unha das linguas oficiais do Imperio Persa en tempos antigos, e Susa unha das catro capitais do imperio. Susa tamén serviu como capital da Dinastía Sasánida a partir do -224 ata o 651. O último uso da escritura elamita data do século IV, e Elam é aínda coñecido como a actual provincia de Khuzestán, onde se basea a inmensa industria petroleira de Irán.

Cronoloxía de gobernantes[editar | editar a fonte]

Mapa de Elam (en inglés)

Dinastía Awan (datas precisas descoñecidas).

  • Peli, (-2500).
  • Tata, (data precisa descoñecida).
  • Ukku-Takhesh, (data precisa descoñecida).
  • Khishur, (data precisa descoñecida).
  • Shushun-Tarana, (data precisa descoñecida).
  • Napil-Khush, (data precisa descoñecida).
  • Kikku-Sive-Temti, (data precisa descoñecida).
  • Lukh-Ishshan, (século -XIV).
  • Khelu, (-2300).
  • Khita, (-2275).
  • Kutik-Inshushinnak, (-2240).

Dinastía Simash (datas precisas descoñecidas).

  • Gir-Namme, (-2030).
  • Enpi-Luhhan, (-2010).
  • Khutran-Temtt, (data precisa descoñecida).
  • Kindattu, (data precisa descoñecida).
  • Indattu-Inshushinnak I, (data precisa descoñecida).
  • Tan-Rukhurater, (data precisa descoñecida).
  • Indattu-Inshushinnak II, (data precisa descoñecida).
  • Indattu-Napir, (data precisa descoñecida).
  • Indattu-Tempt, (data precisa descoñecida).

Dinastía Epartida (datas precisas descoñecidas).

  • Eparti I, (data precisa descoñecida).
  • Eparti II, (data precisa descoñecida).
  • Eparti III, (-1850).
  • Shilkhakha, (data precisa descoñecida).
  • Attakhushu, (-1830).
  • Sirukdukh, (-1792).
  • Shimut-Wartash, (-1772 - -1770).

Dinastía Babilónica (-1770 - -1500).

  • Siwe-Palar-Khuppak, (-1770 - -1745).
  • Kuduzulush I, (-1745 - -1730).
  • Kutir-Nahhunte I, (-1730 - -1700).
  • Lila-Ir-Tash, (-1700 - -1698).
  • Temti-Agun I, (-1698 - -1690).
  • Tan-Uli, (-1690 - -1655).
  • Temti-Khalki, (-1655 - -1650).
  • Kuk-Nashur II, (-1650 - -1635).
  • Kutir-Shilkhakha I, (-1635 - -1625).
  • Temti-Raptash, (-1625 - -1605).
  • Kuduzulush II, (-1605 - -1600).
  • Tata, (-1600 - -1580).
  • Atta-Merra-Khalki, (-1580 - -1570).
  • Pa-Ishshan, (-1570 - -1545).
  • Kuk-Kirwash, (-1545 - -1520).
  • Kuk-Nahhunte, (-1520 - -1505).
  • Kutir-Nahhunte II, (-1505 - ????).

Dinastía Igehalkida (-1350 - -1200).

Dinastía Shutrukida (-1205 - -1100).

  • Khallutush-In-Shushinak, (-1205 - -1185).
  • Shutruk-Nahhunte, (-1185 - -1155).
  • Kutir-Nahhunte III, (-1155 - -1150).
  • Shilkhak-In-Shushinak, (-1150 - -1120).
  • Khutelutush-In-Shushinak, (-1120 - -1110).
  • Shilhana-Hamru-Lagamar, (-1110 - ????).

Última Dinastía Elamita (-743 - -644).

  • Khumbanigash I, (-743 - -717).
  • Shuttir-Nakhkhunte (-717 - -699).
  • Khallushu, (-699 - -693).
  • Kutir-Nakhkhunte (-693 - -692).
  • Khumma-Menanu (-692 - -689).
  • Khumma-Khaldash I, (-689 - -681).
  • Khumma-Khaldash II (-681 - -680).
  • Khumma-Khaldash II e Shilhak-In-Shushinak (-680 - -676).
  • Shilhak-In-Shushinak e Urtaku, (-676 - -664).
  • Shilhak-In-Shushinak e Tempti-Khumma-In-Shushinak, (-664 - -653).
  • Atta-Khumma-In-Shushinak e Khumbanigash II, (-653 - -651).
  • Atta-Khumma-In-Shushinak e Tammaritu, (-651 - -649).
  • Atta-Khumma-In-Shushinak e Indabigash, (-649 - -648).
  • Indabigash, (-648 - -647).
  • Khumma-Khaldash III, (-647 - -644).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alvar (1989), p. 13

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alvar, Jaime (1989). Los persas. Col. Historia del mundo antiguo, nº 13 (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-386-2. 
  • Khačikjan, Margaret: The Elamite Language, Documenta Asiana IV, Consiglio Nazionale delle Ricerche Istituto per gli Studi Micenei ed Egeo-Anatolici, 1998 ISBN 88-87345-01-5.
  • Potts, Daniel T.: The archaeology of Elam: formation and transformation of an ancient Iranian state, Cambridge U., 1999 ISBN 0-521-56496-4 y ISBN 0-521-56358-5.
  • Quintana Cifuentes, Enrique, Historia de Elam el vecino mesopotámico, Murcia, 1997. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.
  • Quintana Cifuentes, Enrique, Textos y Fuentes para el estudio del Elam, Murcia, 2000. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Elam&oldid=5167346"