Eleanor Roosevelt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eleanor Roosevelt
Eleanor Roosevelt at United Nations in Paris - NARA - 195965.jpg
Nome completo Anna Eleanor Roosevelt
Nacemento 11 de outubro de 1884
  Manhattan
Falecemento 7 de novembro de 1962
  Nova York
Causa tuberculose
Soterrada Home of Franklin D. Roosevelt National Historic Site
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión Igrexa episcopal nos Estados Unidos
Educada en The New School
Ocupación diplomática, escritora, autobiógrafa, política, feminista e xornalista
Pai Elliott Roosevelt I
Nai Anna Hall Roosevelt
Cónxuxe Franklin D. Roosevelt
Fillos Anna Roosevelt Halsted, James Roosevelt, Elliott Roosevelt, Franklin Delano Roosevelt Jr. e John Aspinwall Roosevelt
Irmáns Hall Roosevelt
Premios United Nations Prize in the Field of Human Rights, Gandhi Peace Award, National Women’s Hall of Fame e Prêmio Nansen
Eleanor Roosevelt Signature-.svg
editar datos en Wikidata ]
Roosevelt.

Anna Eleanor Roosevelt, nada en Nova York o 11 de outubro de 1884 e finada en Manhattan o 7 de novembro de 1962, foi unha política estadounidense, diplomática e defensora dos Dereitos Humanos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla maior de Elliot e Anna Hall Roosevelt e neta favorita de Theodore Roosevelt, casou en 1905 cun primo en 5º grao, Franklin Delano Roosevelt. Como esposa do Presidente dos Estados Unidos, foi a muller estadounidense que máis tempo permaneceu como Primeira Dama.

Durante o período posterior á crise de 1929 viaxou a través dos Estados Unidos promovendo a New Deal, e visitou as tropas nos frontes de batalla da Segunda Guerra Mundial. Participou nas formacións de numerosas institucións, sendo as máis notables entre elas as Nacións Unidas, a Asociación de Nacións Unidas, e a Casa da Liberdade, (Freedom House). Presidiu o comité que aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O Presidente Harry Truman referiuse a ela como a Primeira Dama do Mundo en honra aos seus extensos viaxes para promover os Dereitos Humanos.

En 1939 organizou para a cantante negra Marian Anderson, que fora rexeitada polo Constitution Hall, un recital no Lincoln Memorial cunha audiencia de 70.000 espectadores e radiodifusión por todo o país. O seu matrimonio non foi para ela obstáculo para oporse á decisión do seu marido de firmar a orden executiva 9066 que resultou no internamento de 110.000 xaponeses e descendentes de xaponeses na Costa Oeste dos EUA.

Trala Segunda Guerra Mundial participou na formulación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, referíndose a ela como "A carta magna da humanidade".

Continuou participando activamente na vida política do seu país ata a súa morte en 1962.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eleanor_Roosevelt&oldid=4591358"