Eleccións ao Parlamento de Finlandia de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As eleccións parlamentarias de Finlandia de 2011 celebráronse o 17 de abril e déronlle a vitoria ao Partido de Coalición Nacional de Jyrki Katainen, quen se converteu en primeiro ministro. Foi posible a votación anticipada en Finlandia do 6 ao 12 de abril e no estranxeiro do 6 ao 9 de abril. Con estas eleccións, elíxense os 200 representantes do Parlamento finlandés.[1]

Eleccións parlamentarias[editar | editar a fonte]

Na elección de 2011 participaron 17 partidos rexistrados, 3 listas comúns e 12 asociacións de electores, para un total de 2.315 candidatos.

A porcentaxe dos votantes anticipados foi do 31,2%, levemente superior ao 29% en 2007.

A afluencia total ás urnas foi do 70,4%, tamén en aumento respecto ao 67,9% do 2007, pero sempre inferior respecto ao máximo alcanzado nas eleccións parlamentarias finlandesas, o 85,1% do 1962.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Listas Votos % +/- %
(2007)
Escanos +/-
(2007)
Coalición Nacional 599.138 20,4 -1,9 44 -6
Partido Socialdemócrata Finés 561.558 19,1 -2,3 42 -3
Verdadeiros Finlandeses 560.075 19,1 +15,0 39 +34
Partido do Centro 463.266 15,8 -7,3 35 -16
Alianza da Esquerda 239.039 8,1 -0,7 14 -3
Liga Verde 213.172 7,3 -1,2 10 -5
Partido Popular Sueco 125.785 4,3 -0,3 9 0
Demócrata Cristiáns 118.453 4,0 -0,8 6 -1
Outros 59.085 2,0 1 0
Total 2 939 571 100 - 200 -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elecciones parlamentarias de Finlandia de 2011" (en español). 17 de abril de 2011. Consultado o 8 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eleccións_ao_Parlamento_de_Finlandia_de_2011&oldid=4795072"