Elidio Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Elidio Cortés
Información persoal
Nome completoElidio Cortés Carballo
Nacemento8 de xaneiro de 1946
LugarXunqueira de Espadanedo, Galicia
Falecemento13 de outubro de 2006 (60 anos)
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
AD Couto
Ourense
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1968–1974Deportivo da Coruña102(11)
1974–1976Oviedo5(1)
1976–1977Cádiz
1977–1978Jerez
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Elidio Cortés Carballo, nado en Xunqueira de Espadanedo o 8 de xaneiro de 1946 e finado o 13 de outubro de 2006, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1968–69 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, incluído xa no 11 titular de Cheché Martín que perdeu na primeira xornada fronte o Málaga a domicilio (3–1). Nesa campaña foi participou en 25 partidos e logrou cinco goles, anotando o primeiro na xornada 2, nunha derrota fronte ao Real Madrid en Riazor (2–4). Cortés, de 22 anos foi un habitual dos dianteiros titulares do Deportivo nesa campaña, xunto con Beci, Manuel Loureda e o paraguaio Joaquín Martínez. Na tempada 1969–70 o equipo descendeu a Segunda División, volvendo á máxima categoría logo da tempada 1970–71. Na tempada 1972–73 o equipo volveu descender, baixando na tempada 1973–74 a Terceira División por primeira vez na súa historia, momento no que Cortés desvinculouse do club coruñés. Foi un habitual do once titular nas 6 tempadas que pasou no Deportivo (4 en Primeira División e 2 en Segunda).

Na tempada 1974–75 fichou polo Real Oviedo, en Segunda División, co que logrou o ascenso ese ano. Na tempada seguinte o equipo descendeu novamente.

Finalmente, na tempada 1976–77 fichou polo Cádiz, tamén en Segunda División e co que tamén logrou o ascenso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Elidio_Cortés&oldid=4259540"