Elisa Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisa Lamas
Nome completoElisa Maseda Arango
AlcumeElisa Lamas
Nacemento1929
 Mondoñedo
Falecemento27 de maio de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeManuel Jiménez de Parga
editar datos en Wikidata ]

Elisa Maseda Arango, coñecida como Elisa Lamas, nada en Mondoñedo en 1929 e finada o 27 de maio de 2012, foi unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Antonio Maseda Bouso. Fixo o bacharelato por libre. Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Traballou en Madrid nas revistas católicas Signo e Cumbre. Asistiu aos cursos de Xavier Zubiri, onde coñeceu a Manuel Jiménez de Parga, co que casou en 1956. Nos aos sesenta e setenta foi unha das líderes dun movemento feminista que loitaba contra a marxinación da muller, xunto a María Aurelia Capmany, Lidia Falcón, Carmen Alcalde e Magda Oranich. Colaborou nas revistas Destino e El Ciervo e nos periódicos La Vanguardia e Diario 16 con artigos sobre o feminismo, o novo rumbo da Igrexa, a democracia e a liberdade. Foi procesada catro veces polo TOP polos seus artigos en Destino. nas eleccións xerais de 1977 foi candidata ao Congreso pola provincia de Barcelona nas listas da UCD.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Once historias perversas y una ejemplar, 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Elisa_Lamas&oldid=5149029"