Eloy Artime Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eloy Artime Pérez
Nacemento30 de outubro de 1872
 Padrón
Falecemento28 de maio de 1929
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Eloy Artime Pérez, nado en Padrón o 30 de outubro de 1872 e finado en Compostela o 28 de maio de 1929[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quedou orfo con 12 anos e buscou emprego como dependente en Santiago. Con 20 anos estableceu un bazar na rúa da Caldeirería. En 1902 casou no pazo arcebispal de Lestrobe con Camila Astray, filla do médico de Lestrobe, oficiando a cerimonia Salustiano Portela Pazos.

Foi un cualificado representante da opinión pública en Padrón e en Santiago, ocupando importantes cargos, como portavoz da Defensa do Progreso de Padrón, alcalde de Santiago, presidente da Liga de Amigos de Santiago e socio fundador da Sociedad de Amigos del país. Formou parladoiro entre outros con Valle Inclán, Raimundo López Pol, o doutor Devesa e Portela Pazos, entre outros.

A súa inclinación política era republicana, sendo directivo do Centro Republicano de Santiago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-5-1929, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eloy_Artime_Pérez&oldid=4732225"