Else Lasker-Schüler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Else Lasker-Schüler
ElseLaskerSchüler1907.jpg
Nacemento11 de febreiro de 1869
 Elberfeld
Falecemento22 de xaneiro de 1945
 Xerusalén
SoterradaCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónpoetisa, escritora, salonnière, dramaturga e debuxante
CónxuxeBerthold Lasker
editar datos en Wikidata ]

Else Lasker-Schüler, nada en Elberfeld, Wuppertal en 1869 e finada en Xerusalén en 1945, foi unha escritora xudía alemá.

A súa nai Jeannette Schüler converteuse nunha figura central da súa poesía e o seu pai Aaron Schüler, un banqueiro xudeu, inspirou a figura protagonista no seu drama Die Wupper.

En 1894 trasladouse co seu marido a Berlín, en 1899 publicou os seus primeiros poemas, en 1902 publicou o seu primeiro poemario, Styx.

En 1906 publica o seu primeiro libro de prosa, Das Peter-Hille-Buch, e en 1907 a colección de relatos Die Nächte der Tino von Bagdad. Coa publicación de Meine Wunder en 1911 converteuse na voz feminina representativa do expresionismo alemán.

En 1933 diante logo de ataques físicos de nacionalsocialistas emigra a Zürich, en 1938 o goberno alemán retíralle a nacionalidade e en 1939 marcha a Palestina.

Obras[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Else_Lasker-Schüler&oldid=4605045"