Emilio Durán Corsanego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Durán Corsanego
Nacemento14 de febreiro de 1923
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xurista
editar datos en Wikidata ]

Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923, é un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago, e en 1948 ingresou no Notariado. Exerceu como tal en Ayorbe (provincia de Huesca), As Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade, cargo que exerceu en Sedano (provincia de Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma e Madrid. En 2003 doutorouse en Dereito con sobresaínte cum laude.

Nas Eleccións xerais de España de 1982 foi elixido deputado pola provincia da Coruña por Alianza Popular[1][2]. Tras a entrada de España na Unión Europea foi nomeado deputado do Parlamento Europeo en 1986, cargo que mantivo até as eleccións do ano seguinte[3].

Descendente do médico de Feás Ángel Durán Villanovo, casou con Lucía de la Colina Unda, con quen tivo oito fillos e vinte netos

Obra[editar | editar a fonte]

  • La autorregulación de la tutela. Editorial Universitaria Ramón Areces, 2007.
  • "El automóvil y el Dr. Durán". Madrid, 1996. Accésit do V premio Fundación RACE[4].

Publicou artigos biográficos sobre notarios e rexistradores da propiedade en Gaceta de los Notarios e Pausa. Tamén publicou traballos no Boletín del Colegio Nacional de Registradores de la Propiedad, e artigos en prensa sobre Hispanoamérica, a lingua galega e o Apóstolo Santiago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", reportaxe en ABC, 24 de novembro de 1982 (en castelán).
  2. Ficha na web do Congreso dos Deputados (en castelán).
  3. Ficha na web do Parlamento Europeo (en castelán).
  4. González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 21. ISBN 9788471541161

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Emilio_Durán_Corsanego&oldid=4737044"