Emilio Pérez Touriño
Emilio Pérez Touriño | |
![]() |
|
|
|
---|---|
2 de agosto de 2005 – 16 de abril de 2009 | |
Vicepresidente | Anxo Quintana |
Precedido por | Manuel Fraga Iribarne |
Sucedido por | Alberto Núñez Feijóo |
|
|
10 de outubro de 1998 – 2 de marzo de 2009 | |
Precedido por | Francisco Vázquez Vázquez |
Sucedido por | Pachi Vázquez |
|
|
3 de marzo de 1996 – 28 de outubro de 1997 | |
|
|
19 de outubro de 1997 – 10 de marzo de 2010 | |
Datos persoais
|
|
Nacemento | 8 de agosto de 1948 (69 anos) A Coruña, España |
Partido | PSdeG-PSOE |
Cónxuxe/s | Esther Cid |
Profesión | Profesor universitario, político |
Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.
Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron. Era entón membro do PCG.
Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Roldán acusouno de ter intervido no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.
En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquera acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co respaldo do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.
Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego, que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.
Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG, pero esta vez a coalición co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia[1]. Un ano máis tarde, o 10 de maio de 2010 renunciou ao seu escano no parlamento galego[2].
Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia.
Predecesor: Manuel Fraga Iribarne |
![]() Presidente da Xunta de Galicia 2005–2009 |
Sucesor: Alberto Núñez Feijóo |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Emilio Pérez Touriño |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Currículo na páxina presidentetourino.com aberta para as eleccións galegas do 2005
- Biografía en todopolítica.com
|
|