Enerxía eólica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enerxías renovables
Aeroxenerador
Biodiésel
Biomasa
Enerxía xeotérmica
Enerxía hidráulica
Enerxía solar
Enerxía mareomotriz
Enerxía undimotriz
Enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. A verba eólico vén do latín Aeolicus, pertencente ou relativo a Eolo, deus dos ventos na mitoloxía grega.

Nos derradeiros anos do século XX Galicia pasou a ser un lugar cun parque eólico (de muíños para producir enerxía eléctrica) de gran tamaño relativo.

Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica mediante aeroxeradores. A finais de 2007, a capacidade mundial dos xeradores eólicos foi de 94.1 xigavatios.[1] Mentres a eólica xera arredor do 1% do consumo de electricidade mundial,[2] representa arredor do 19% da produción eléctrica en Dinamarca, 9% en España e Portugal, e un 6% en Alemaña e Irlanda (datos do 2007).

É un recurso abundante, renovábel, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír termoeléctricas a base de combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.

Técnica[editar | editar a fonte]

A enerxía do vento está relacionada co movemento das masas de aire que se desprazan de áreas de alta presión atmosférica a áreas adxacentes de baixa presión, con velocidades proporcionais ao gradiente de presión.

Os ventos son xerados a causa do quecemento non uniforme da superficie terrestre por parte da radiación solar, entre o 1 e 2% da enerxía proveniente do sol convértese en vento. De día, as masas de aire sobre os océanos, os mares e os lagos mantéñense frías con relación ás áreas veciñas situadas sobre as masas continentais.

Os continentes absorben unha menor cantidade de luz solar, polo tanto o aire que se encontra sobre a terra expándese, e faise máis liviá e elévase. O aire máis frío e máis pesado que provén dos mares, océanos e grandes lagos ponse en movemento para ocupar o lugar deixado polo aire quente.

Parque eólico

Para poder aproveitar a enerxía eólica é importante coñecer as variacións diúrnas e nocturnas e estacionais dos ventos, a variación da velocidade do vento coa altura sobre o solo, a entidade das raxadas en espazos de tempo breves, e valores máximos ocorridos en series históricas de datos cunha duración mínima de 20 anos. É tamén importante coñecer a velocidade máxima do vento. Para poder utilizar a enerxía do vento, é necesario que este alcance unha velocidade mínima de 12 km/h, e que non supere os 65 km/h.[3]

A enerxía do vento é empregada mediante o uso de máquinas eólicas (ou aeromotores) capaces de transformar a enerxía eólica en enerxía mecánica de rotación utilizable, xa sexa para accionar directamente máquinas operatrices, como para produción de enerxía eléctrica. Neste último caso, o sistema de conversión, (que comprende un xerador eléctrico cos seus sistemas de control e de conexión á rede) é coñecido como aeroxerador.

A baixa densidade enerxética, da enerxía eólica por unidade de superficie, trae como consecuencia a necesidade de proceder á instalación dun número maior de máquinas para o aproveitamento dos recursos dispoñíbeis. O exemplo máis típico dunha instalación eólica está representada polos parques eólicos (varios aeroxeradores implantados no territorio conectados a unha única liña que os conecta á rede eléctrica).

Historia[editar | editar a fonte]

Un muíño é unha máquina que transforma o vento en enerxía aproveitábel, que provén da acción da forza do vento sobre unhas aspas oblicuas unidas a un eixo común. O eixe xiratorio pode conectarse a varios tipos de maquinaria para moer gran, bombear auga ou xerar electricidade.

Os primeiros muíños[editar | editar a fonte]

A referencia máis antiga que se ten é un muíño de vento que foi usado para facer funcionar un órgano no século I.[4] Os primeiros muíños de uso práctico foron construídos en Sistan, Afganistán, no século VII. Estaban compostos dun eixo vertical con follas rectangulares.[5] Aparatos feitos de 6 a 8 velas de muíño cubertos con telas foron usados para moer maínzo ou extraer auga.

Enerxía eólica no Reino Unido[editar | editar a fonte]

A minieólica podería xerar electricidade máis barata que a da rede nalgunhas zonas rurais do Reino Unido, segundo un estudo de Carbon Trust[6]. Segundo ese informe, os miniaeroxeradores poderían chegar a xerar 1,5 teravatios hora (TWh) ao ano en Reino Unido, un 0,4% do consumo total del país, evitando así a emisión de 0,6 millóns de toneladas de CO2[7].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Global Wind Energy Council News.
  2. http://www.wwindea.org/home/images/stories/pr_statistics2007_210208_red.pdf Arquivado 22 de novembro de 2009 en Wayback Machine. World Wind Energy Association press release retrieved 2008 03 18
  3. Allievi del corso di Meccanica, coordinati dal Professore A. Gatto (Anno Scolastico 2003/04) Risorse energetiche alternative: La forza del vento[Ligazón morta] Scuole Medie Superiori, Progetti Interdisciplinari, Valsesia, Piemonte, Italia (en italiano).
  4. A.G. Drachmann, "Heron's Windmill", Centaurus, 7 (1961), pp. 145-151
  5. Ahmad Y Hassan, Donald Routledge Hill (1986). Islamic Technology: An illustrated history, p. 54. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42239-6.
  6. http://www.carbontrust.co.uk
  7. A minieólica produce enerxía eléctrica máis barata Arquivado 12 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Enerxía_eólica&oldid=4894360"