Enric Miralles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enric Miralles
Nacemento25 de febreiro de 1955
 Barcelona
Falecemento3 de xullo de 2000
 Sant Feliu de Codines
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Columbia, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecto e profesor
Coñecido/a porPabellón Pedro Ferrandiz, Edifício do Parlamento Escocês, Mercado de Santa Caterina e Igualada Cemetery
PremiosCultural heritage national prize
editar datos en Wikidata ]

Enric Miralles, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1955 e finado en Sant Feliu de Codines o 3 de xullo de 2000, foi un arquitecto catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura en Barcelona, mudándose logo cara á Universidade de Columbia en Nova York. Comezou a súa andaina profesional no estudio de Albert Viaplana e Helio Piñon, onde permaneceu ata o ano 1983. O mesmo tempo foi mestre adxunto nas dúas universidades nas que estudiara. Creou entón o seu propio estudio de Arquitectura xunto coa súa primeira muller, Carme Pinós, de onde saíron xa obras de proxección internacional.

Mercado de Santa Caterina en Barcelona.

Cando Enric casou por segunda vez, desta volta coa italiana Benedetta Tagliabue, tamén arquitecta, reorganizou o seu estudio, que pasou a chamarse EMBT, e lograron traballos moi importantes dende diferentes partes do mundo. Os dous derradeiros anos da súa vida estivo dedicado ao seu máis importante proxecto, o Parlamento de Escocia. É unha obra de pleno "estilo Miralles", respectando o lugar e as tradicións (de xeito que se pode apreciar moi claramente, por exemplo, a influencia do arquitecto escocés Charles Rennie Mackintosh na mesma), creando "tensións visuais" que varian dependendo da posición que se escolla, a luz, a hora do día etc.

Na súa vida, Enric recibiu numerosos premios, como o León de ouro da Bienal de Venecia no ano 1996. Foi mestre en numerosas universidades de prestixio, incluíndo a cátedra "Kengo Tange" da universidade Harvard, que ocupou dende 1992.

Morreu prematuramente os 45 anos de idade, e non puido rematar moitísimas das súas obras, incluíndo o Parlamento Escocés ou o edificio de Gas Natural en Barcelona.

A súa muller, Benedetta, mantén o estudio EMBT funcionando, e está a rematar as obras deseñadas por Enric, seguindo as súas ideas, á parte de gañar outros concursos sempre co estilo que tiña o arquitecto catalán.

Obras[editar | editar a fonte]

Edificio Miralles no Campus da Universidade de Vigo.

Algunhas das súas obras máis relevantes foron:

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Enric_Miralles&oldid=5098345"