Enrique Rajoy Leloup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Rajoy Leloup
Enrique Rajoy Leloup 1936.jpg
Nacemento27 de marzo de 1882
 Santiago de Compostela
Falecemento23 de marzo de 1966
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e político
FillosMariano Rajoy Sobredo
editar datos en Wikidata ]

Enrique Rajoy Leloup, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1882 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1966, foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do forcareiés Mariano Rajoy Dobarro (1848-1931), garda civil, e a súa segunda muller, a arteixá Rosa Leloup González (1849-1916). Tivo dúas irmás: Pilar (nada en 1879) e Elisa (nada en 1886). Enrique naceu no número 5 da praciña das Ánimas, en Santiago de Compostela.

Sendo mozo foi oficial do concello de Conxo e posteriormente secretario accidental. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1910, foi profesor de Dereito Civil na mesma Universidade. Foi decano do Colexio de Avogados compostelán. Elixido concelleiro de Santiago de Compostela en 1931 formando parte da coalición monárquica, promoveu o desenvolvemento autonómico de Galicia durante a Segunda República. Foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936). Defendeu a autonomía como forma política porque permitía un control máis directo e efectivo do pobo. En 1937 foi sancionado e apartado da docencia na Universidade, ao igual ca 45 outros profesores. En 1952 permitíuselle regresar ao cargo de decano do Colexio de Avogados.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa santiaguesa Mercedes Sobredo Brandariz (nada en 1883) e foi pai de Mariano, Pilar, Mercedes e Enrique Rajoy Sobredo e avó de Mariano Rajoy.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Pluralidad objetiva del delito producida por el mismo sujeto, 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Enrique_Rajoy_Leloup&oldid=4987407"