Epístola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Epístola é calquera texto que teña forma de carta (mesmo os diarios poden ser considerados en certa maneira epístolas). A súa estrutura ten certas características particulares: un destinatario (ficticio ou real) diferente do lector, unha función e estratexia comunicativa máis próxima á coloquial etc.

Exemplos de epístolas son as epístolas da Biblia ou o libro de grande éxito editorial 84, Charing Cross Road (e de diarios, o Diario de Anne Frank ou Diario de Adriann). Un exemplo na literatura galega é a obra Cartas a Lelo de Xosé Neira Vilas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Epístola&oldid=4795607"