Ericales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ericales
Impatiens parviflora
Impatiens parviflora
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Ericales

As Ericales son unha orde de plantas leñosas que medran en solos pobres ou acedos. Acostuman formar micorrizas, ás veces perden a clorofila (monotropa). Flores hermafroditas, xeralmente cigomorfas; corolas simpétalas (agás Clethraceae, con catro pétalos ceibos, forma unha ponte con Theales); androceo con dous verticilos ceibos da corola, soldados a un disco do receptáculo; anteras poricidas, con tendencia á formación de cornos na parte basal; liberación do pole en tétrades (agás Clethraceae); principalmente entomófilas (ás veces anemófilas). Xineceo súpero, con carpelos parcialmente fechados, placentación central parietal.

Pertencen ao clado Eudicotyledoneae do sistema APG III. As familias a seguir son típicas de clasificacións recentes.

  • Actinidiaceae (familia do kiwi)
  • Balsaminaceae
  • Clethraceae
  • Cyrillaceae
  • Diapensiaceae
  • Ebenaceae (familia do ébano)
  • Ericaceae (familia das uces ou carrouchas, as queiroas, os rododendros, as azaleas, as arandeiras e os érbedos. Importante na vexetación galega).
  • Fouquieriaceae
  • Lecythidaceae
  • Maesaceae
  • Marcgraviaceae
  • Mitrastemonaceae
  • Myrsinaceae
  • Pellicieraceae
  • Pentaphylacaceae
  • Polemoniaceae
  • Primulaceae
  • Roridulaceae
  • Sapotaceae (familia do zapoticeiro)
  • Sarraceniaceae
  • Sladeniaceae
  • Styracaceae
  • Symplocaceae
  • Ternstroemiaceae
  • Tetrameristaceae
  • Theaceae (familia do e das camelias)
  • Theophrastaceae

Estas compoñen o grupo basal de asteridas. No sistema de Cronquist, as Ericales inclúen un grupo menor de plantas, postas entre as Dilleniidae:

  • Ericaceae
  • Cyrillaceae
  • Clethraceae
  • Grubbiaceae
  • Empetraceae
  • Epacridaceae
  • Pyrolaceae
  • Monotropaceae

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ericales&oldid=4269524"