Erich Honecker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Erich Honecker
Bundesarchiv Bild 183-R1220-401, Erich Honecker.jpg
Nacemento 25 de agosto de 1912
  Neunkirchen, Alemaña
Falecemento 29 de maio de 1994
  Santiago de Chile, Chile
Causa cancro de fígado
Soterrado Cementerio General de Santiago e Santiago de Chile
Nacionalidade Imperio Alemán, República de Weimar, Território da Bacia do Sarre e República Democrática Alemá
Relixión ateísmo
Educado en Escola Lenin
Ocupación político e autobiógrafo
Cónxuxe Edith Baumann e Margot Honecker
Fillos Sonja Honecker
Premios Order of José Martí, Orde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Order of the October Revolution, Order of Karl Marx, Order of Augusto César Sandino, Gold Olympic Order, Banner of Labor, Order of Klement Gottwald, Gold medal with hero rank of GDR, Hero of Labour, Patriotic Order of Merit (honor clasp), Jubilee Medal "In Commemoration of the 100th Anniversary of the Birth of Vladimir Ilyich Lenin", Order of Ho Chi Minh, Grand Cross of the White Rose of Finland, Order of Playa Girón, Grand Star of the Decoration for Services to the Republic of Austria, Order of the Victory of Socialism, Decoration of Honour for Services to the Republic of Austria, Patriotic Order of Merit, Ordem Olímpica e Ordem da Rosa Branca da Finlândia
Erich Honecker Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Erich Ernst Paul Honecker, nado en Neunkirchen o 25 de agosto de 1912 e finado en Santiago de Chile o 29 de maio de 1994, foi un político comunista alemán. Do 3 maio de 1971 ao 18 de outubro de 1989 foi o político máis influente da República Democrática Alemá dado o seu cargo de secretario xeral do Comité central do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes da Segunda Guerra Mundial foi funcionario do Partido Comunista de Alemaña (KPD), sendo condenado a dez anos de cárcere durante os tempos do nazismo. Despois da guerra fundou a organización xuvenil FDJ (Xuventude Libre Alemá), da cal foi presidente do 1946 ó 1955. Como secretario de seguridade do comité central do SED, o seu labor organizativo foi determinante na construción do Muro de Berlín, así como na autorización de disparo nas fronteiras interalemás. Dirixiu e representou á RDA durante as décadas de 1970 e 1980 dados os seus cargos de secretario xeral do Comité central do SED, presidente do Consello de Estado da RDA e Presidente do Consello de Defensa Nacional. O recoñecemento da República Democrática Alemá como membro pleno da ONU no 1973 é considerado o seu maior éxito.

Honecker foi recibido polo chanceler Helmut Kohl en setembro de 1987 durante a súa visita oficial á República Federal de Alemaña. A finais da década de 1980 o contexto económico mundial, as relacións coa potencia dirixente soviética e incluso a propia política interior da RDA tornáronse cada vez máis tensas e difíciles.

Despois da caída do Muro de Berlín[editar | editar a fonte]

Erich Honecker foi obrigado a dimitir polo Politburó do SED o 18 de outubro de 1989. En 1992 foi convocado a xuízo en Berlín por violación dos dereitos humanos na RDA, pero o proceso suspendeuse debido a unha enfermidade. As acusacións baseábanse no seu papel como xefe de estado da xa disolta RDA, ligándoo coas respectivas faltas ó dereito que controvertidamente se lle atribuían. Foi encarcerado en 1992 e liberado en 1993 debido ao seu complicado estado de saúde.[1]

Honecker trasladouse de inmediato xunto a súa familia en Chile, onde faleceu en maio de 1994.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Aus meinem Leben, 1981
  • Moabiter Notizen, escritas no cárcere de Berlin-Moabit entre 1992 e 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erich_Honecker&oldid=4647123"