Erinaceomorfos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Erinaceomorpha")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Erinaceomorfos
Erinaceomorpha
Ourizos e ximnuros
Erinaceus europaeus (erinaceino)
Erinaceus europaeus (erinaceino)

Hylomys suillus (galericino)
Hylomys suillus (galericino)

Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Infraclase: Placentalia
Superorde: Laurasiatheria
Orde: Erinaceomorpha
Gregory, 1910
Familia: Erinaceidae
G. Fischer, 1814
Subfamilias

A dos erinaceomorfos (Erinaceomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios laurasiaterios que inclúe unha soa familia, a dos erinaceidos (Erinaceidae),[1] antes incluída na antiga orde dos insectívoros, hoxe desbotada.[1]

A orde inclúe os coñecidos ourizos de Eurasia e África (subfamilia dos Erinaceinae) e os menos coñecidos en occidente ximnuros, do sueste asiático (subfamilia dos Galericinae).

Características[editar | editar a fonte]

Os erinaceidos teñen un corpo xeralmente semellante, na súa forma, ao das musarañas, co fociño longo e a cola curta. Porén, son moito máis grandes, xa que o tamaño do seu corpo varía normalmente desde 10 a 15 cm de lonxitude, e alcanzan de 40 a 60 g de peso (no caso do ximnuro de cola curta, Hylomys suillus, o maior dos ximuros ou ratas lunares, a lonxitude chega a de 26 a 45 cm, e o peso, de 1 a 1,4 kg).
Todas as especies teñen cinco dedos en cada pata, nalgúns casos dotados de fortes garras para escavar. As orellas e osollos son grandes. Os ourizos teñen os pelos modificados en espiñas afiadas, que forman unha cuberta protectora sobre a parte superior do cuerpo e os flancos, mentres que os ximnuros teñen só pelo normal.
A maioría das especies teñen glándulas anais odoríferas, que están moito mási desenvolvia nos ximnuros, que desprenden cheiros que se perciben a gran distancia.[2]

Os erinaceidos son omnívoros, aínda que a maior parte da súa dieta está composta por insectos, vermes e outros pequenos invertebrados. Pero tamén comen sementes e froitos e, ocasionalmente, ovos de aves, así como calquera prea que estea ao seu alcance.
Os seus dentes son afiados e adecuados para atravesar ás presas invertebradas. A fórmula dentaria é: 2-3.1.4.3 / 3.1.2-4.3.

Os ourizos son de hábitos nocturnos; en cambio os ximnuros son menos nocturnos, e poden ser activos tamén durante o día.
Moitas especies viven en tobos simples, mentres que otras constrúen niños temporais sobre a superficie do solo con follas e herbas, ou se refuxian en ocos de troncos das árbores ou en agochos similares.
Os erinaceidos son animais solitarios fóra da temporada de cría, e o pai non desempeña ningún papel na crianza da prole.[2]

As femias dos erinaceidos paren tras un período de xestación de ao redor de seis a sete semanas. As crías acabadas de nacer son cegas e carecen de pelo, aínda que aos ourizos empezan a brotarlle as espiñas ás 36 horas do nacemento.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición dos taxons[editar | editar a fonte]

A orde dos Erinaceomorpha foi descrita en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory.

Pol súa parte a familia dos Erinaceidae fora descrita anteriormente, en 1814 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim na súa obra Gotthelf Fischer (1814): Zoognosia tabulis synopticus illustrata, in usum praelectionum, Editio tertia, Volumen tertimum. Mosquae, Typis Nicolai Sergeidis Vsevolosky, editada pola Academia Médico-Cirurxica Imperial de Moscova.[3]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Orde

O nome Erinaceomorpha está formado polos elementos do latín científico erinace-, de Erinaceus, nome de xénero, derivado do latín ericĭus, "ourizo cacho", coa desinencia -āceus, "semellante a", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", unidos ambos os elementos pola vogal de unión -o-. Literalmente: "os semellamtes aos ourizos".

Familia

O nome da familia Erinceidae está formado, como é usual, coa raíz do nome do xénero tipo da familia, Erinaceus, e a desinencia ´-idae, derivada do grego εἶδος eîdos, "forma", usada para formar os nomes da familias de animais.

Nomes vulgares

Erinaceomorfos e erinaceidos son, obviamente, as adaptacións ao galego dons nomes latinos correspondentes.

Ximnuro é un termo orixinado a finais do século XIX, derivado do latín científico Gymnura (antigo nome de xénero), tirado do grego antigo γυμνόσ gymnós, "espido, espida" e ουρά ourá, "cola de animal", "rabo".[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Describíronse 12 xéneros e 43 especies de erinaceomorfos, algúns deles e delas fósiles. Na actualidade, a orde comprende os seguites taxons:[1][3]

Orde Erinaceomorpha Gregory, 1910

Atelerix algirus.
Erinaceus concolor.
Cría de Paraechinus aethopicus.
Deinogalerix koenigswaldi.
Museo de Historia natural de Leiden.
  • Familia Erinaceidae G. Fischer, 1814
    • Subfamilia Erinaceinae G. Fischer, 1814 - ourizos
      • Atelerix Pomel, 1848
        • Atelerix albiventris Wagner, 1841
        • Atelerix algirus Lereboullet, 1842
        • Atelerix frontalis A. Smith, 1831
        • Atelerix sclateri Anderson, 1895
      • Erinaceus Linnaeus, 1758
      • Hemiechinus Fitzinger, 1866
        • Hemiechinus auritus Gmelin, 1770
        • Hemiechinus collaris Gray, 1830
      • Mesechinus Ognev, 1951
        • Mesechinus dauuricus Sundevall, 1841
        • Mesechinus hughi Thomas, 1908
      • Paraechinus Trouessart, 1879
        • Paraechinus aethiopicus Ehrenberg, 1832
        • Paraechinus hypomelas Brandt, 1836
        • Paraechinus micropus Blyth, 1846
        • Paraechinus nudiventris Horsfield, 1851
    • Subfamilia Galericinae Pomel, 1848 - ximnuros
      • Echinosorex Blainville, 1838
        • Echinosorex gymnura Raffles, 1822
      • Hylomys Müller, 1840
        • Hylomys megalotis Jenkins & M. F. Robinson, 2002
        • Hylomys parvus Robinson & Kloss, 1916
        • Hylomys suillus Müller, 1840
      • Neohylomys Shaw & Wong, 1959
        • Neohylomys hainanensis Shaw and Wong, 1959
      • Neotetracus Trouessart, 1909
        • Neotetracus sinensis Trouessart, 1909
      • Podogymnura Mearns, 1905
        • Podogymnura aureospinula Heaney & Morgan, 1982
        • Podogymnura truei Mearns, 1905

Evolución[editar | editar a fonte]

O dos erinaceidos é un grupo relativamente primitivo de mamíferos placentarios, que cambiaron moi pouco desde a súa orixe no eoceno. O chamado 'ourizo xigante' (realmente un ximnuro) Deinogalerix , do mioceno do Gargano,[5] era do tamaño dun coello grande, e podía comer vertebrados ou prea, en lugar de insectos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Erinaceomorpha en MSW.
  2. 2,02,1 Wroot, Andrew (1984): Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 750–757. ISBN 0-87196-871-1.
  3. 3,03,1 Erinaceidae en MSW.
  4. gymnure en Oxford Dictionaries.
  5. O Gargano é un macizo montañoso e, por extensión, in importante promontorio no leste de Italia, que forma a "espora" da "bota" da península italiana.
  6. Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X, pp. 48–49.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erinaceomorfos&oldid=5207584"