Ernesto Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernesto Chao
Ernesto Chao María Casares 2014.JPG
Ernesto Chao na gala de entrega dos premios de teatro María Casares do 2014.
Nome completoErnesto Chao Pino
Nacemento12 de novembro de 1943
LugarRibadavia, Galicia Galicia
Falecemento6 de agosto de 2018 (74 anos)
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018,[1] foi un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969.

Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaboando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva. En 2018 participou na serie Fariña interpretando o papel de Xerardo Fernández Albor como Presidente da Xunta de Galicia.

Mantivo a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

Obra[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Só para nenos (1985), de Milagros Bará. Como Otto.
  • Esperanza (1986), de Chano Piñeiro. Como Xefe da terapia de alcohólicos.
  • Las rubias los prefieren caballeros (2002), de Álex Sampayo. Como xoieiro.

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixas[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Desde 1970 participou en máis de 35 espectáculos teatrais con distintas compañías. Algúns títulos son Galileo Galilei, Fobias, Carambola (cóncavo convexo) ou O país da comedia.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2005 Mellor actor Pratos combinados Nomeado
2007 Premio de Honra Fernando Rey Gañador
2008 Mellor actor Os mortos van á présa Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ernesto_Chao&oldid=4852884"