Ernesto Teodoro Moneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernesto Teodoro Moneta
Nobel prize medal.svg
Ernesto Teodoro Moneta.jpg
Nacemento20 de setembro de 1833
 Milán, Italia Italia
Falecemento10 de febreiro de 1918 (84 anos)
 Milán
CausaPneumonía
NacionalidadeReino de Italia
Educado enUniversidade de Pavia
OcupaciónXornalista, político e pacifista
PremiosPremio Nobel da Paz
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833, e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quizais non está lonxe o día no que todos os pobos, esquecendo os antigos odios, se reúnan baixo a bandeira da fraternidade universal e, deixando todas as disputas, cultiven entre eles relacións absolutamente pacíficas, como o comercio e as actividades industriais, estreitando sólidos lazos. Nós esperamos ese día...

Estas foron as palabras que pronunciou nun dos congresos nos que participou tras a adhesión ás ideas pacifistas que empezaban a xurdir entre o final do século XIX e o principio do século XX.

Moneta, antigo patriota e xornalista, participou nas Cinco xornadas de Milán —sublevación contra os austríacos— e foi garibaldino. Dirixiu desde 1867 o periódico Il Secolo, seguidor das ideas e valores garibaldinos e radicais. En 1887 contribuíu na fundación da Unión Lombarda para a Paz e a Arbitraxe.

Na súa cidade natal, Milán, hai un monumento na súa memoria no que se pode ler a seguinte inscrición: «Ernesto Teodoro Moneta - Garibaldino - Pensador - Publicista - Apóstolo da paz entre xente libre».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ernesto_Teodoro_Moneta&oldid=4934236"