Erongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 23°07′00″S 14°52′00″L / -23.11667, -14.86667

Erongo
Erongo Region
(Rexión de Erongo)
Namibia 14 regions-numbered-erongo.svg
EstadoFlag of Namibia.svg Namibia
CapitalSwakopmund
 • Poboación34 300 hab.
Lingua oficialinglés
(Ademais, fálanse o afrikaans e linguas locais)
Gobernador
Samuel Nuuyoma (SWAPO)
 • Total63 719 km²
 • % augan/d
 • Total150 400 hab.
 • Densidade2,72 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC+2
Código ISOn/d
Antigas dunas do Namib-Naukluft Park en Erongo.

Erongo é unha das 14 rexións de Namibia. A súa capital é a cidade de Swakopmund.

Walvis Bay, o principal porto comercial de Namibia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión ocupa unha superficie de 63 720 km².

No ano 2001 tiña unha poboación de 107 629 habitantes polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 2,72 hab./km².

A súa capital é a cidade de Swakopmund, que en 2010 tiña unha poboación de 34 300 habitantes,[1] aínda que a cidade máis poboada é Walvis Bay que, en 2011 contaba con 85 000 habitantes.

O nome da rexión débese ás montañas Erongo, un lugar moi coñecido en Namibia, especialmente nesta zona.

Todas as localidades principais desta rexión están conectadas por estradas pavimentadas.

A rexión omprende seis distritos electorais: Omaruru, Karibib, Brandberg, Arandis, Swakopmund e Walvis Bay.

Polo oeste, Erongo ten costa no océano Atlántico, a chanmada costa dos Esqueletos. Por terra limita coas rexións seguintes:

  • Kunene - ao norte
  • Otjozondjupa - ao leste
  • Khomas - ao sueste
  • Hardap - ao sur (Ver mapa)

Economía[editar | editar a fonte]

As áreas dos Omaruru, Karibib e Okombahe/Uis/Tsubeses están situadas nunha rexión semiárida, con cultivos de secaño. Estes pobos combinan as colleitas comunais coas individuais, comerciais.

Hai varias explotacións mineiras na rexión, en lugares como Navachab e, en pequena escala en lugares ao redor de Uis e a zona desértica.

En Arandis existen industrias mineiras, e manufacturas en Swakopmund.

Karibib tamén ten industria de mármore.

E Walvis Bay é o lugar principal da industria pesqueira de Namibia. A importancia da actividade pesqueira nesta rexión fai que para a vixilancia das súas augas, dipoña dun patrulleiro motorizado destinado na rexión.

A rexión, lindeira coa costa, está bastante desenvolvida. Ten servizos como escolas, hospitais e clínicas, servizos de electricidade e de telecomunicacións, con algunhas excepcións nalgúns puntos.

Distritos electorais[editar | editar a fonte]

A región comprende sete distritos electorais:

  • Daures
  • Omaruru
  • Arandis
  • Karibib
  • Swakopmund
  • Walvis Bay Urbano
  • Walvis Bay Rural

Política[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2004, a SWAPO ten a maioría absoluta no Consello Rexional de sete membros de Erongo, cuxas eleccións se celebran cada sete anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report (en inglés). Namibia Statistics Agency. p. 39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2013. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véaxse tamén[editar | editar a fonte]

Outos artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erongo&oldid=5225944"