Escribenta das canaveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Escribenta das canaveiras
Reed Bunting male and female.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Especie: E. schoeniclus
Nome binomial
Emberiza schoeniclus
(Linnaeus, 1758)
Emberiza schoeniclus.

A escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) é unha ave da familia Emberizidae que poboa as zonas húmidas de boa parte de Europa e o norte de Asia.

Características[editar | editar a fonte]

Pequeno paxaro cunha lonxitude de entre 13,5 e 15,5 cm de lonxitude[1]. Caracterízase pola pigmentación dos ovos do que deriva varios nomes populares en varios idiomas relacionado coa escritura[2]. Só os machos presentan, na época de cría, plumaxes vistosos. O resto do ano ano dominan tons ocres e pardos. Hai entre 15 e 30 subespecies, segundo a autoridade consultada. As grandes diferenzas en plumaxe, tamaño e forma do peteiro e talle corporal xustifican estas diferenzas[2]. En Galicia só nidifica a subespecie E. S. lusitanica, sen nome galego recoñecido. A subespecie lusitanica difire sutilmente pola súa xenética e polo seu tamaño e plumaxe máis escuro. Alas relativamente máis curtas e un peteiro desproporcionadamente longo. Características estas últimas que se explicarían polo menor carácter migratorio e unha dieta invernal baseada máis en insectos ca en sementes[2]. A reprodución é exclusivamente en humidais. Trátase dunha especie moi discreta nos seus costumes[2].

Distribución[editar | editar a fonte]

En España realizouse o primeiro censo desta ave en 2005, co resultado de menos de 400 parellas reprodutoras. A maior poboación reprodutora atópase en Galicia cunha poboación de entre 128-158 pp.[3] Na Península Ibérica pódense atopar tres subespecies: Emberiza schoeniclus schoeniclus, abondosa na Europa occidental e presente como invernante; a iberoccidental Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción e a iberoriental Emberiza schoeniclus witherbyi, considerada en perigo, polo que esta especie foi considerada pola SEO Ave do Ano 2009.[4]

Distribución Lusitanica[editar | editar a fonte]

En época de cría, a distribución desta subespecie, vai dende o litoral do País Vasco ata o norte do Texo. Case está desaparecida de Asturias, Cantabria e País Vasco. En Portugal está presente sobre todo na Ría de Aveiro[2]. En Galicia, o censo do 2013, mostrou entre 30 e 42 territorios reprodutores. Os territorios máis habituais son os esteiros do Ulla, o Tambre e a Lagoa da Frouxeira[2]. Ten desaparecido de lugares interiores coma as Gándaras de Budiño[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Svensson L., Mullarney K., Zetterström D. (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 9788428215336. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,6 R. Salvadores, F. Arcos (Outubro 2014). "As escribentas das canaveiras nidificantes en Galicia". Cerna (72). 
  3. Escribenta das canaveiras - Atlas de aves reprodutoras Consultada o 16/03/10
  4. Escribano Palustre: Ave do ano 2009[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escribenta_das_canaveiras&oldid=4931162"