Escritor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Anton Chekhov nun selo ruso de 2010.

Un escritor[1] é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, un autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas.

Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera un escritor, pero o termo adoita restrinxirse ós que desenvolven esta faceta como actividade profesional. De tódolos xeitos calquera que desexe selo pode converterse en escritor aínda que o seu traballo non chegue a publicarse baixo ningún formato.

Algunhas das innumerables formas nas que un escritor pode exercitarse como tal son poesía, prosa, ensaio, xornalismo, guión, ou calquera dos xéneros literarios existentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escritor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escritor&oldid=4613277"