Escudo de Mongolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Escudo de Mongolia

O escudo de Mongolia foi adoptada en 1992. Ten como base o nenúfar branco da pureza. A trama que rodea a parte exterior chámase "Tumen Nusan", símbolo da eternidade. O círculo azul delimitado pola trama representa o ceo. No centro do escudo aparece unha combinación do Soyombo, un antigo ideograma que simboliza a "Liberdade e Independencia de Mongolia”, e o "Corcel do Tesouro", expresión do espírito de Mongolia.

Na parte superior do escudo aparece representado o Chandmani, símbolo do pasado, o presente e o futuro. A franxa de cor verde situada na parte inferior do círculo é unha formación de montañas que representa á Nai terra. Na parte central da franxa verde figura o "Torno do Destino". Neste torno aparece enredado o "khadag" que é un pano que simboliza a hospitalidade.

Escudos históricos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escudo_de_Mongolia&oldid=4496130"