Espacio Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′12″N 8°24′39″O / 43.336716, -8.410871

Espacio Coruña
CC Espacio Coruña.jpg
Fundación20 de outubro de 2009
MatrizMulti Development Spain (2009 - 2013)
Eneas Real Estate (2013 - 2017)
Inbisa (2017 - actualidade)
LocalizaciónR/ Xosé Pascual López Cortón, 10
15008 A Coruña Galicia Galiza
IndustriaServizos
Número de empregados700
Páxina webespaciocoruna.es

Espacio Coruña é un centro comercial e de lecer da cidade da Coruña.

Características[editar | editar a fonte]

O centro comercial foi inaugurado o 20 de outubro de 2009 despois de tres anos de obras e cun orzamento de 120 millóns de euros[1]. Ten 41.000 metros cadrados, un supermercado de Mercadona, praza con zona de ocio infantil e 8 salas de cine, unha delas con pantalla tridimensional e efectos especiais. O Centro comercial ten prazas de aparcadoiro para 2.000 carros.

En maio de 2013 o centro comercial foi mercado por Eneas Real Estate[2]. En outubro de 2013 o centro pasou a estar xestionado por Blackstone[3]. En agosto de 2017 volveu mudar de donos tras ser mercado polo grupo vasco Inbisa.[4]

CC Espacio Coruña ten Certificado Medioambiental, Certificado Final Breeam e Certificado de accesibilidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "55.000 personas llenaron ayer Espacio Coruña" Arquivado 20 de outubro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Corunopolis, 21 de outubro de 2009 (en castelán).
  2. "El grupo Eneas compra Espacio Coruña tras estudiar hacerse con otros centros", artigo de Sonia Dapena en El Ideal Gallego, 20 de maio de 2013 (en castelán).
  3. Opinion A Coruña (ed.). "Un fondo de inversión se hace con la gestión de Espacio Coruña". Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  4. Rodri García (2017-08-05). "Espacio Coruña cambia otra vez de dueños al comprarlo el grupo Inbisa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Espacio_Coruña&oldid=4986624"