Estación de Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′23″N 08°12′02″O / 43.17306, -8.20056

Cesuras
ESTACION CESURAS.JPG
Situación Oza-Cesuras
Liñas
Media distancia MD

Cesuras é unha estación de tren de Adif situada na vila do Forte, no concello de Oza-Cesuras. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 509,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Piñoi e Oza dos Ríos. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada RENFE.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estación_de_Cesuras&oldid=4853194"