Estación de Piñoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°08′43″N 08°11′28″O / 43.14528, -8.19111

Apeadoiro de Piñoi
Apeadoiro de Piñoi Cesuras.jpg
Piñoi.
Situación Oza-Cesuras
Liñas
Media distancia MD

Piñoi é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Piñoi, no concello de Oza-Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 502,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Curtis e Cesuras. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875[2], non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura.

A estación[editar | editar a fonte]

As súas instalacións limítanse a un pequeno refuxio e a unha plataforma lateral á que accede a vía principal.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estación_de_Piñoi&oldid=4508117"