Estación de Vilar de Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°09′48″N 07°35′55″O / 42.16333, -7.59861

Vilar de Barrio
SituaciónVilar de Barrio

Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de RENFE cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estación_de_Vilar_de_Barrio&oldid=4853339"