Estadio de Atletismo da USC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estadio de Atletismo da USC
Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.jpg
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela Flag of Galicia.svg
Estadio
PropietarioUniversidade de Santiago de Compostela
LocalíaUSC
Eventos
62º Campionato de España de Atletismo - 1982

O Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido como Stadium de La Residencia nos seus primeiros anos de existencia, é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, situado no Campus Vida da USC, a carón do Pavillón Universitario, e rodeado polo edificio Monte da Condesa, o Colexio Maior Fonseca, o Observatorio astronómico Ramón María Aller, e polo edificio do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Instalacións[editar | editar a fonte]

As instalacións do recinto están compostas pola pista de atletismo de 400 metros e 8 carreiros, os corredores para as prácticas de saltos (con pértega, de lonxitude e triplo salto), as zonas para as prácticas de lanzamentos de xavelina e de peso, e unha gaiola para as prácticas de lanzamentos de disco ou martelo. O estadio ten unha única tribuna cuberta, cos vestiarios ós lados, e baixo a tribuna están as zonas de quecemento de material sintético. A pista de atletismo está homologada pola Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais, sendo o único recinto que ten esta homologación na capital galega, xa que a pista de atletismo do Estadio Multiusos de San Lázaro é apta para adestrar pero non é regulamentaria.

Campionato de España de Atletismo 1982[editar | editar a fonte]

Os días 6, 7 e 8 de agosto de 1982 disputouse neste estadio a 62ª edición do Campionato de España de Atletismo.[1] Ata a actualidade Galicia só acolleu outras 4 veces este evento, 2 veces na Coruña (en Riazor), e 2 veces en Vigo (en Balaídos e Coia).

Nas seguintes 2 táboas amósanse as marcas que acadaron o gañadores das diversas probas de atletismo do campionato de España de 1982:

Homes
Proba Gañador Marca
100 m Javier Martínez 10,91 seg
200 m Ángel Heras 21,68 seg
400 m Benjamín González 46,56 seg
800 m Colomán Trabado 1' 50,18 seg
1.500 m Jose Manuel Abascal 3' 37,97 seg
5.000 m Antonio Campos 14' 00,74 seg
110 m v. Javier Moracho 13,98 seg
400 m v. Marceliano Ruíz 51,98 seg
3.000 m o. Domingo Ramón 8' 27,07 seg
altura Roberto Cabrejas 2,20 m
pértega Alberto Ruíz 5,20 m
lonxitude Antonio Corgos 8,16 m
triplo Ramón Cid 16,38 m
peso Martín Vara 17,20 m
disco Sinesio Garrachón 54,94 m
martelo Raúl Jimeno 65,70 m
xavelina Augusto Lao 70,78 m
20 km m. Francisco Botonero 1h 31' 46,1 seg
Mulleres
Proba Gañador Marca
100 m Teresa Rioné 12,36 seg
200 m Teresa Rioné 25,18 seg
400 m Montserrat Pujol 54,90 seg
800 m Mayte Zúñiga 2' 12,65 seg
1.500 m Mercedes Calleja 4' 24,13 seg
3.000 m Pilar Fernández 9' 26,22 seg
110 m v. María José Martínez 14,30 seg
400 m v. Rosa Colorado 1' 00,20 seg
altura Isabel Mozún 1,80 m
lonxitude Olga Dalmau 6,28 m
peso Enriqueta Díaz 12,80 m
disco Encarnación Gambús 48,56 m
xavelina Natividad Vizcaíno 48,60 m
5 km m. Teresa Palacio 25' 43,59 seg

v. = vallas; o. = obstáculos; m. = marcha.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estadio_de_Atletismo_da_USC&oldid=5270231"