Estadio do Lodairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Estadio do Lodairo
Datos
Localización Rúa O Lodairo, s/n
Cea, Galiza
Construción
Inauguración 1966
Estadio
Superficie Céspede artificial
Dimensións 100 x 60 m
Capacidade 456
Propietario Concello de San Cristovo de Cea
Localía Clube Deportivo Cea
Cea Veteranos, Bar Breixo e Ourense Veteranos
Eventos
FIOUF 2010

O Estadio do Lodairo é un estadio de fútbol situado na Rúa do Lodairo da localidade de Cea, San Cristovo de Cea, provincia de Ourense, Galiza. É utilizado no seu uso como local polo CD Cea , o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos. Tamén foi utilizado como local polas desaparecidas categorías inferiores do CD Cea e polo S.D. Piñor que agora xoga no Outeiro Grande de Maside.

Historia[editar | editar a fonte]

Construción[editar | editar a fonte]

Este estadio construíuse no ano 1966 pra o uso do creado tamén nese ano CD Cea. Daquela o campo era un terreo de xogo de terra sen butacas na bancada e cunha tapadeira para que non chovera enriba das persoas que vían o fútbol.

Era dourada[editar | editar a fonte]

Na era dourada do CD Cea o estadio seguiu albergando coma sempre ao Club Deportivo Cea e tamén ás desaparecidas categorías inferiores do CD Cea. Nesa era O Lodairo acolleu un triunfo do conxunto panadeiro xuvenil na Copa Deputación e unha liga de 3ª Autonómica, unha de 1ª Autonómica e unha Copa Deputación de categoría absoluta.

Remodelación[editar | editar a fonte]

No ano 2012 o alcalde de Cea decidiu remodelar o Estadio do Lodairo. Esta remodelación custou case medio millón de euros. Este diñeiro usouse pra cambiar a terra pola actual herba artificial, construír uns novos vestiarios e poñer asentos á tribuna do estadio. No tempo que se reconstruíu o campo, o CD Cea xogou os seus partidos como local no Campo da Uceira.

Dende a remodelación[editar | editar a fonte]

Dende a remodelación, o Club Deportivo Cea continúa xogando como local no Lodairo. Coa creación do Cea Veteranos este equipo tamén xoga neste lugar xunto cos tamén veteranos: Bar Breixo e Ourense Veteranos.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Estadio do Lodairo é un vello campo remodelado no 2012. Este campo de fútbol ceés é un estadio de fútbol 11 tamén con liñas de fútbol 7 e 8 dunha superficie de herba artificial. As distancias do campo son 100 metros de longo por 60 metros de ancho. Na tribuna do estadio hai 456 chanzos que dan pra sentar case a unha quinta parte da poboación do concello.

Equipos[editar | editar a fonte]

No Estadio do Lodairo de Cea xogan o CD Cea de Segunda Autonómica de Galicia e os veteráns: o Veteranos Cea, o Bar Breixo e o Ourense Veteranos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estadio_do_Lodairo&oldid=4945530"