Estafeta de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estafeta de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1813 e 1814.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico político de carácter absolutista e noticioso que apareceu o 21 de abril de 1813. Fundado, dirixido e redactado por Manuel Freire Castrillón. Tamén foron redactores os dominicos servís José de Bentín e Nicolás de Castro e Íñigo García Jiménez. Foi censurado en dúas ocasions. Periódico bisemanal (publicábase mércores e sábados), constaba de oito páxinas. Ate o número 15 (de 9 de xuño de 1813) editábase na Imprenta de Los Dos Amigos (Freire Castrillón e Pedro Rey Romero); até o 1 de novembro dese ano (números 16-59) na de Ignacio Aguayo; e a partir do número 60 na súa propia Imprenta de La Estafeta.

Estruturado en seccións: artigos doutrinais, de opinión e comunicados, noticias de España, noticias do estranxeiro, Cortes, avisos, etc., e deu conta das festas e tradicións relixiosas. Utilizou a inxuria para atacar as ideas liberais, a Constitución e as Cortes, pedindo o seu peche, e foi defensor do credo católico, apostólico e romano, da infalibilidade da Igrexa, da Inquisición e dos privilexios e estruturas políticas absolutistas.

Publicou números extraordinarios, e cesou a súa edición o 2 de setembro de 1814, cando desapareceron os liberais galegos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estafeta_de_Santiago&oldid=4999084"