Estanislao Pérez Artime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estanislao Pérez Artime
Estanislao Pérez Artime 1936.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1936.
AlcumeTanis de la Riva
Nacemento1881
 Padrón
Falecemento12 de marzo de 1945
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Estanislao Pérez Artime, coñecido como Tanis de la Riva, nado en Padrón en 1881 e finado en Vilagarcía de Arousa o 12 de marzo de 1945[1], foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do comerciante José Ramón Pérez de la Riva, procedente de Ortigosa de Cameros (A Rioxa), e da padronesa María Dolores Artime Pérez, irmá de Eloy Artime Pérez. Foi concelleiro en Padrón e representaba no distrito de Padrón a Rafael Gasset Chinchilla e despois ao deputado Antonio Rodríguez Pérez.

En 1929 creou a empresa Lámparas Iria SA, unha fábrica de lámpadas incandescentes, sendo o propio Estanislao xerente e presidente do Consello de Administración. Tamén foi presidente do Consello de Administración do Hotel Compostela.

Foi deputado provincial en 1923 e vicepresidente da Deputación. Foi nomeado presidente da Deputación da Coruña a finais de 1935.

Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi empresariado, permanecendo unha temporada no cárcere de Santiago de Compostela. Cando saíu del, deu cartos para reparar o presidio, co fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos. Logo pasou a unha habitación do Hotel Compostela, baixo vixilancia pagada por el, pero unha denuncia da Falanxe de Padrón fixo que o levaran ao Sanatorio Baltar. Foi expedientado pola Comisión Provincial de Incautacións de Bens en 1937[2].


Predecesor:
Antonio Goyanes Cedrón
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
1935 - 1936
Sucesor:
José López Bouza

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Angela Rey Baltar, irmá de Ramón Rey Baltar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 12-3-1945, p. 2.
  2. Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. p. 357. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estanislao_Pérez_Artime&oldid=4675428"