Estanislao Reverter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estanislao Reverter
Reverter 2.JPG
Estatua de Colemán e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense.
Nacemento1 de outubro de 1929
 Ourense
Falecemento3 de febreiro de 1991
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally e político
editar datos en Wikidata ]

Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929[1] e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como Lalao[2], foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Renault Alpinche e un dos pais do automobilismo en Galicia[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou como piloto de carreiras en 1955 no Trofeo FASA Renault cun Renault 4/4. Competiu durante toda a súa carreira coa Escudería Ourense, que dirixiu entre 1968 e 1980[4], e coa que participou como organizador do Rally de Ourense. Tivo como copilotos a Antonio Colemán, Jorge Glass, Ventura, Eloy Rodríguez, Vázquez, Facas, A. Reverter, José Luis Sala e Luis Reverter.

En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar, pero o seu nomeamento foi impedido polo gobernador civil por mor das afinidades republicanas da súa familia.

En 1977 foi elixido deputado nas primeiras eleccións xerais, sendo o número 3 na lista da UCD pola provincia de Ourense. En 1979 deixou o seu escano, ao remate da lexislatura, e posteriormente deixou tamén a UCD como consecuencia duns problemas económicos. Tamén foi expulsado pola mesma razón, en 1980, da executiva da Federación Española de Automobilismo[5].

Renault Alpinche[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alpinche.

O "Alpine-Porsche" foi un vehículo construído por Reverter no seu taller de Ourense, misturando a carrozaría do Alpine A110 e o motor dun Porsche. Foi alcumado nun inicio como "Realpor" (acrónimo de Reverter, Alpine e Porsche), e logo bautizado como Alpinche. Despois da súa primeira versión feita en 1971, contou con catro evolucións diferentes[6], provocadas xeralmente por accidentes ou golpes, e nas que Reverter buscaba sempre melloralo. Foi utilizado en probas de rally por Reverter, José Pavón e Beny Fernández. A súa matrícula era OR-31516.

Carreira[editar | editar a fonte]

Campionato de España de Rallys[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos
1970 Privado Porsche 911 R VNA
10
RBX
2
ESP
5
2VI
4
CDS
2
CLB
1
? ?
1971 Privado Porsche 911 R CBR
3
240
Alpinche PDA
3
RAC
3
BOS
2
1972 Privado Alpinche FIR
7
SHE
3
CLB
1
RBX
1
BOS
3
CDO
1
352,6
1973 Privado Alpinche 5NA
3
RBX
1
ESP
2
12º 178
1974 Privado BMW 2002 FIR
4
CLR
3
CDO
4
ESP
3
2VR
4
330,2
Alpinche CLB
3
5NA
4
1975 Privado BMW 2002 CLB
1
124

=== Resultados === [7]

  • 1955 - Renault 4/4: Trofeo FASA Renault (1ª carreira)
  • 1956 - Seat 1400: San Cristóbal (antecedente do Rally de Ourense) (3º)
  •  ???? - Seat 1400: II rally dos Pireneos, (19º)
  • 1962 - BMW 700S: Rally Montecarlo
  • 1963 - BMW 700S: Rally Montecarlo
  • 1964 - Gogomovil: Rally Rías Baixas
    • Abarth 1000 Biálbero: Rally la Massana
  • 1965 - Abarth 1000 Biálbero. Rally Montecarlo
    • Austin Cooper S: Rally Camiño de Santiago
    • Ford Cortina Lotus: VI Rally Deux Catalognes (1º?)(Campionato de España e Francia)
    • Biálbero: Rally das Camelias (Portugal) (3º), Rally RACE (2º)
  • 1966 - Austin Cooper S: Rally Montecarlo
  • 1967 - Glas 1304 TS: 6 Horas de Barcelona
  • 1969 - Porsche 911R: 12 Horas de Barcelona (8º)
  • 1970 - Porsche 911R: Rally Vasco Navarro, Rally Príncipe de Asturias, Ourense (Accidente), Rally Costa del Sol (2º)
    • Renault 8 Proto: Rally da Coruña (Ret)
    • Abarth OT 2000: Rias Baixas (2º)
  • 1971 - Alpinche: Rías Baixas (3º) Rally RACE, Rally Príncipe de Asturias, Rally de Ourense
  • 1972 - Alpinche: Rally Luis de Baviera, Rally Bosch, Rally Sherry, Rally Príncipe de Asturias (1º)
    • Sport 1600: Rally Montecarlo
  • 1973 - Alpinche: Rally de Ferrol, Rías Baixas, Rally Luis de Baviera
    • Mini Cooper: Montecarlo
  • 1974 - Alpinche: 500 km nocturnos de Alacant;
    • BMW: Rias Baixas (3º)
    • BMW 2002: Rally 2000 virajes

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Foille concedida a medalla de prata ao Mérito Deportivo. Trala súa morte en 1991, o Rally de Ourense pasou a chamarse Rally de Ourense, memorial Estanislao Reverter.

En 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce feita por Ramón Conde Bermúdez en homenaxe a Reverter, Antonio Colemán e o Alpinche. Alí celebraron o título de campións de España de rallys do 2009 Sergio e Diego Vallejo, en homenaxe á Escudería Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha[Ligazón morta] na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
  2. Figueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 221. 2003. ISBN 84-609-0907-7.
  3. "Antonio Zanini: ‘Habría que inventar otro Estanislao Reverter para Ourense’" Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine., entrevista en La Región, 20 de xuño de 2008 (en castelán).
  4. Figueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 329-330, anexo I. 2003. ISBN 84-609-0907-7.
  5. "Presuntas graves irregularidades de Reverter en la Federación gallega", artigo de Ignacio Lewin en El País, 14 de decembro de 1980 (en castelán).
  6. Entrevista a Reverter (en castelán).
  7. http://www.estanislaoreverter.com/gl/palmares.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artigo de Rafael Cid na revista Magazin Motor nº 32 (marzo 2001).
  • Figueiredo Pérez, Javier. Figueiredo Pérez, Javier, ed. Rallye de Orense 1967-2003. 06-01-2004. p. 352. ISBN 84-609-0907-7.  (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estanislao_Reverter&oldid=5304935"