Estevo VIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevo IX

Estevo VIII (IX), datos de nacemento descoñecidos, faleceu en outubro de 942, foi o papa nº 127 da Igrexa Católica dende o ano 939 ata 942.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nalgunhas cronoloxías e listas este papa aparece como Estevo IX, a diferenza débese a que algúns autores toman en conta a elección de Estevo, papa electo, que só reinou tres días, do 23 ao 26 de marzo de 752, trala morte do papa Zacarías.

Foi elixido papa, do mesmo xeito que o seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano Alberico II quen, do mesmo xeito que a súa nai Marozia, someteu durante décadas aos papas elixidos baixo o seu mandato.

Durante o seu pontificado, en 940, interveu no enfrontamento que en Francia tiña lugar entre o conde Hugo de París e o rei Luís IV de Ultramar, póndose ao lado deste e ameazando con excomungar aos franceses e borgoñóns que non lle prestasen obediencia.

Segundo certas fontes pouco fiábeis sería obxecto dunha conspiración, no curso da cal lle cortaron o nariz.

Faleceu en outubro de 942.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estevo_VIII,_papa&oldid=4568933"