Estrabón
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Estrabón | |
---|---|
![]() Estrabón, Στράβων (gravado do século XVI) | |
Nacemento | 64 ou 63 a.C. |
Amaseia (actual Amasia, Turquía) | |
Falecemento | 24 d.C. |
Amasia | |
Nacionalidade | grego |
Etnia | Pónticos |
Ocupación | Xeógrafo e historiador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma.
Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.
A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.
- Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
- Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
- Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
- O libro XVII describe África (Exipto e Libia).
Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.
Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tradución española, comentarios e notas dos textos referentes a Iberia, debidos a Antonio García y Bellido.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estrabón |
|