Eugene O'Neill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugene O'Neill
Nobel prize medal.svg
Eugene O'Neill 1936.jpg
Nacemento16 de outubro de 1888
 Nova York
Falecemento27 de novembro de 1953
 Boston
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Princeton
Ocupacióndramaturgo, guionista, escritor e autor
PaiJames O'Neill
NaiElla O'Neill
CónxuxeAgnes Boulton
FillosOona O'Neill e Eugene O'Neill, Jr.
Coñecido/a porMourning Becomes Electra e All God's Chillun Got Wings
PremiosPremio Nobel de Literatura, Laurence Olivier Award e Prémio Pulitzer de Teatro
editar datos en Wikidata ]
Eugene O'Neill

Eugene O'Neill, nado o 16 de outubro de 1888 e finado o 27 de novembro de 1953, foi un dramaturgo norteamericano que gañou o Premio Nobel de Literatura en 1936 e catro veces o Premio Pulitzer (1920, 1922, 1928, 1956).

Biografía[editar | editar a fonte]

Eugene O'Neill naceu en Broadway nunha familia orixinaria de Irlanda, con seu pai que era actor de teatro percorreu América, con sete anos comezou o internado onde se afixo a ler. No curso 1906-1907 estudou na Universidade de Princeton, pero acabou deixándoo, realizando despois nunha gran variedade de traballos, mariñeiro, actor, xornalista. En 1911 volveu a Nova York , en 1912 pasou seis meses nunha clínica recuperándose da tuberculose e comezou a escribir teatro, para o ano seguinte comezou a dar cursos de artes escénicas na Universidade Harvard. En 1914 publicou o seu primeiro libro, Thirst and other one-act plays. En 1916 publicou Bound East of Cardiff e, posteriormente The Emperor Jones, The Hairy Ape e Beyond the Horizon. A década de 1930 é o período cumio da súa creatividade, considerado o mellor autor teatral norteamericano, foi o primeiro dramaturgo americano en recibir o Premio Nobel, por estar enfermo non o recolleu, senón que enviou unha carta á Academia Sueca, onde salientou a influecia que representou para el o dramaturgo sueco August Strindberg. Nos anos seguintes escribiu moitas obras mestras como para el. O'Neill escribiu nos anos seguintes moitas máis obras mestras, The Iceman Cometh (1939), Long Day's Journey Into Night (1941) ou A Moon for the Misbegotten (1943).

A partir de 1943 deixou de escribir por padecer graves tremores nas mans por mor do párkinson.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Bread and Butter, 1914
  • Servitude, 1914
  • The Personal Equation, 1915
  • Now I Ask You, 1916
  • Beyond the Horizon, 1918 - Pulitzer, 1920
  • The Straw, 1919
  • Chris Christophersen, 1919
  • Gold, 1920
  • Anna Christie, 1920 - Pulitzer, 1922
  • The Emperor Jones, 1920
  • Diff'rent, 1921
  • The First Man, 1922
  • The Hairy Ape, 1922
  • The Fountain, 1923
  • Marco Millions, 1923-25
  • All God's Chillun Got Wings, 1924
  • Welded, 1924
  • Desire Under the Elms, 1925
  • Lazarus Laughed, 1925-26
  • The Great God Brown, 1926
  • Strange Interlude, 1928 - Pulitzer
  • Dynamo, 1929
  • Mourning Becomes Electra, 1931
  • Ah, Wilderness!, 1933
  • Days Without End, 1933
  • The Iceman Cometh, escrita en 1939, publicada en 1940, primeira representación en 1946
  • Hughie, escrita en 1941, primeira representación 1959
  • Long Day's Journey Into Night, escrita en 1941, primeira representación 1956 - Pulitzer 1957
  • A Moon for the Misbegotten, escrita 1941-1943, primeira representación 1947
  • A Touch of the Poet, completada en 1942, primeira representación 1958
  • More Stately Mansions, póstuma, primeira representación 1967
  • The Calms of Capricorn, póstuma, publicada en 1983
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugene_O%27Neill&oldid=4749502"