Eugenio López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eugenio López López
Nacemento 18 de setembro de 1921
  Ourense
Falecemento 20 de decembro de 1995
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación fiscal e político
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Casimiro López López, nado en Ourense o 18 de setembro de 1921 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1995[1], foi un fiscal e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de orixe sarriá. Licenciado en Dereito. Pertenceu á carreira fiscal. Foi gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Cuenca. Delegado nacional de Xuventudes (1962), conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1963-1971) e director xeral de ensino primario (1968)[2]. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Toledo (1975)[3]. En 1988 foi nomeado tenente fiscal inspector da Fiscalía Xeral do Estado.[4]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e as grandes cruces do mérito militar, naval e aeronáutico.

Benfeitor do concello de Sarria[editar | editar a fonte]

Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e dunha Escola Fogar. Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.

Colexio en Cee[editar | editar a fonte]

O colexio público de Cee leva o seu nome.[5]

Rúas en Camariñas e Ortigueira[editar | editar a fonte]

En Camariñas[6] e Ortigueira[7] hai rúas co seu nome.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Simón Albadalejo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugenio_López_López&oldid=4765014"