Eugenio Rodríguez Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenio Rodríguez Bilbao
Nacemento1904
 A Coruña
Falecemento29 de xaneiro de 1937
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Rodríguez Bilbao, nado na Coruña en 1904 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Estableceuse como médico en Ribeira en 1929.[1] Afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 defendeu a legalidade republicana na casa do Concello de Ribeira e foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Julio Silva Vilas, José Sieira González e José Lijó Louro,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 7-5-1929, p. 17.
  2. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugenio_Rodríguez_Bilbao&oldid=5215443"