Exército dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Exército dos Estados Unidos")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Emblema do Exército dos Estados Unidos.

O Exército dos Estados Unidos de América[1] (en inglés United States Army, abreviado U. S. Army) é a maior das pólas das Forzas Armadas dos Estados Unidos e a súa principal responsabilidade son as operacións militares terrestres. É un dos sete servizos uniformados dos Estados Unidos e o máis antigo de todas as forzas armadas estadounidenses, pois o moderno exército ten as súas raíces no Exército Continental que se formou o 14 de xuño de 1775 para loitar na Guerra de Independencia dos Estados Unidos (1775-1783), antes da creación dos Estados Unidos como estado independente.[2] Despois desta guerra, o Congreso da Confederación creou o Exército dos Estados Unidos o 3 de xuño de 1784 para substituír ó desmovilizado Exército Continental.[3][4] O exército estadounidense considérase a si mesmo descendente do Continental e data a súa orixe institucional naquela forza armada nada en 1775.

Como servizo militar uniformado, forma parte do Departamento do Exército, que é un dos tres que dependen do Departamento de Defensa. Este exército está dirixido por un funcionario civil, o Secretario do Exército, e por un oficial militar, o Xefe de Estado Maior, que tamén é membro do Estado Maior Conxunto. No ano fiscal de 2017, a forza proxectada para o exército regular era de 460 000 soldados, a Garda Nacional tiña 335 000 soldados e o exército de reserva 195 000. A forza combinada era por tanto de 990 000 soldados.[5] Como póla das forzas armadas estadounidenses, a misión deste exército é «loitar e gañar as guerras da nosa nación, achegando unha rápido e sostido dominio por terra por medio de todo tipo de operacións e o espectro completo do conflito, en apoio dos comandantes combatentes».[6] Este exército intervén en conflitos por todo o mundo e é a maior forza terrestre ofensiva e defensiva dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ejército de Estados Unidos | GobiernoUSA.gov". 
  2. "14 June: The Birthday of the U.S. Army". United States Army Center of Military History.  an excerpt from Robert Wright, The Continental Army
  3. Library of Congress, Journals of the Continental Congress, Volumen 27
  4. "Army Birthdays". United States Army Center of Military History. 
  5. "Department of Defense (DoD) Releases Fiscal Year 2017 President's Budget Proposal". U.S. Department of Defense. 
  6. "The United States Army - Organization". 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Exército_dos_Estados_Unidos_de_América&oldid=4590432"