Exército romano tardío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tetrarcas: Á esquerda, Diocleciano e Maximiano, os dous Augusti (coemperadores), á dereita, Galerio e Constancio I Cloro, os dous Caesars (vicemperadores).

O exército romano tardío é o termo polo cal se coñece ás forzas militares do Imperio Romano dende o ascenso ó trono do emperador Diocleciano no ano 284 até a división definitiva do Imperio nas súas metades oriental e occidental en 395. Poucas décadas despois o exército occidental desintegrouse co colapso do Imperio Romano de Occidente. O exército romano do leste, pola contra, permaneceu intacto e esencialmente estable até a súa organización por themas e a súa transformación no exército bizantino no século VII. O termo "exército romano tardío" emprégase a miúdo para incluír o exército romano do leste.

O exército do principado atravesou unha transformación significativa por mor do caótico século III. Ó contrario que o exército do Principado, o exército do século IV dependía de xeito importante das levas e os soldados que as conformaban estaban peor pagados que os do século II. Os bárbaros procedentes de fóra do imperio probablemente achegaban unha maior proporción de recrutas que durante os séculos I e II, aínda que existen poucas probas deste feito.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Exército_romano_tardío&oldid=3833956"